Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 27 de novembro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Todos os grupos reclaman á Xunta 12 millóns para reformar centros educativos de Vigo

O Pleno de Vigo decidiu hoxe por unanimidade solicitar á Xunta que asuma as súas competencias en materia educativa na cidade de Vigo. Concretamente, instan a introducir nos orzamentos de 2020 unha partida de 12 millóns de euros para acometer as reformas integrais precisas en moitos centros educativos de Vigo.

A unanimidade do Pleno acordou esta mañá instar á Xunta a introducir nos orzamentos de 2020 unha partida de 12 millóns para abordar a reforma integral de centros educativos da cidade. A moción defendida polo concelleiro de Educación, Gorka Gómez, reclama ao Goberno autonómico que asuma as súas competencias e atenda a demanda da comunidade educativa da nosa cidade.

Outro dos acordos acadados en sesión plenaria pasa por demandar á Xunta que dote de persoal axeitado ao Centro de Emerxencia de Vigo que atende a mulleres vítimas de violencia de xénero de toda Galicia. Tal e como explicou a concelleira de Igualdade, Uxía Blanco, é preciso que nese centro haxa profesionais para atender aos nenos e nenas que conviven coas nais. O texto, aprobado cos votos a favor do PSOE, do Grupo Mixto e do concelleiro non adscrito do BNG, tamén solicita a modificación do decreto que regula os Puntos de Encontro e que se tomen as medidas oportunas para que este servizo permaneza aberto durante todo o ano.

Finalmente, os votos do PSOE e da Marea deron luz verde a unha moción que pretende que a Xunta retire do anteproxecto de Lei para a creación da sociedade definida como a "Sogama da agua" calquera mención aos concellos en relación a novas imposicións de obrigas de financiamento de obras hidráulicas e/ou saneamento. Esta iniciativa contou co voto en contra do PP e do concelleiro non adscrito do BNG.
Mais noticias
O Pleno aproba inicialmente o regulamento do servizo de transporte urbano en autobús
Vigo insta á Xunta a que rehabilite os edificios afectados polas obras do albergue de peregrinos
Abel Caballero, na preestrea da nova tenda Lidl en Teis
Declaración institucional do Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003