Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 06 de novembro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Caballero alenta ás mulleres para seguir xerando novas formas de entender a economía

Uns 500 participantes analizan no IV Congreso Empresarias Galicia o papel da muller nos distintos ámbitos sociais e económicos.




A cuarta edición do Congreso Empresarias Galicia analiza hoxe e mañá na sede de Afundación o papel das mulleres no mundo rural, o deporte, as tecnoloxías, os medios de comunicación, a cultura, etc. Caballero inaugurou o evento, no que participan unhas 500 persoas, e alentou ás mulleres para "seguir xerando novas formas de entender a economía".

O rexedor destacou o valor do congreso como un espazo para "falar de emprendemento no século XXI levado a cabo por mulleres" e, aínda que asegurou que houbo "grandes avances" nos últimos anos, advertiu que "debemos estar vixiantes ante as ameazas e dificultades e lograr que o proceso sexa unidireccional".

Pola súa banda a presidenta de Empresarias Galicia, Susana Pérez, lembrou que o ano pasado "pedimos unión e este ano promovémola como ferramenta imprescindible para a acción". Ademais, advertiu que "o camiño cara á igualdade é longo pero temos que empezar por inculcar aos nenos que todos somos válidos para facer o que nos propoñamos".

A inauguración contou tamén coa presenza do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.
O congreso celebra hoxe diversas mesas redondas sobre o rural, o deporte, a educación, os medios de comunicación, a tecnoloxía e a cultura. Mañá será a quenda dos relatorios, con mulleres como a directora de GKN Automotiv Vigo, Chelo Domínguez; a campioa de España de squash Xisela Aranda e a xornalista Teresa Vello. Ademais, haberá talleres, networking e casetas de empresas e institucións.
Mais noticias
Vigo monta xa a noria do Nadal, con 62 metros de altura e capacidade para 192 persoas
O DOG publica a aprobación inicial da modificación puntual do Barrio do Cura
O Concello adxudica as obras de humanización da Ronda de Don Bosco
O goberno de Vigo aproba as becas no estranxeiro para o alumnado da Escola Oficial de Idiomas
Xunta de Goberno Local


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003