Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 06 de novembro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O DOG publica a aprobación inicial da modificación puntual do Barrio do Cura

Coa publicación no DOG, o Concello de Vigo dá un paso máis na tramitación da modificación puntual do Barrio do Cura, unha actuación na que as demolicións xa están moi avanzadas. O Barrio do Cura con case 4.000 m2 de zonas verdes, unha escola infantil e máis de 1.200 prazas de aparcamento.

Nestes momentos, ábrese un período de exposición pública de dous meses para a presentación de alegacións, tempo durante o cal se solicitarán os informes sectoriais preceptivos de Urbanismo, Patrimonio e Costas. A tramitación proseguirá coa notificación individual aos titulares catastrais dos terreos afectados, mentres avanzan a bo ritmo as demolicións, con total respecto á preservación dos valores patrimoniais. Do antigo asilo so queda a fachada da igrexa -elemento protexido – que non se vai desmontar senón que se adoptarán as medidas precisas para garantir a súa estabilidade durante as obras. Algunhas vivendas de Poboadores permanecerán, logo de ser rehabilitadas, segundo indicou o rexedor.

Esta actuación urbanística resolverá a articulación e conexión do Casco Vello con Torrecedeira e tamén mellorará a comunicación e mobilidade transversal desta parte da cidade e, sobre todo, entre o eixo Paseo de Alfonso -Pi i Margall e as zonas máis baixas do contorno da actuación. Con este obxectivo está previsto, por unha banda, unha conexión peonil entre o Paseo de Alfonso XII e a zona de Ribera, así como entre Santa Marta e Poboadores, facilitando a mobilidade vertical e, por outra, a mellora da mobilidade rodada coa ampliación do viario de conexión entre o eixo Paseo de Alfonso XII -Pi i Margall e Torrecedeira (Llorente e Santa Marta).

O Barrio do Cura contará con case 4.000 m² de zonas verdes e a lo menos 170 árbores; máis de 2.500 m² de equipamento público sociosanitario-educativo (unha escola infantil); 5.500 m² de superficie en praza e espazo público e máis de 1.200 prazas de aparcamento. O documento reserva un 30% de vivenda protexida -tal e como figuraba no PXOM de 2018, superando o mínimo legal, situado nun 10%.
Mais noticias
Vigo monta xa a noria do Nadal, con 62 metros de altura e capacidade para 192 persoas
O Concello adxudica as obras de humanización da Ronda de Don Bosco
O goberno de Vigo aproba as becas no estranxeiro para o alumnado da Escola Oficial de Idiomas
Caballero alenta ás mulleres para seguir xerando novas formas de entender a economía
Xunta de Goberno Local


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003