Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 05 de novembro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno municipal inicia a instalación da noria e o moneco de neve do Nadal vigués

Desde este mércores e ata o vindeiro 20 de xaneiro haberá restricións de tráfico no cruce de Colón e Areal para a noria e na rúa Rosalía de Castro para o boneco de neve. A rúa Pontevedra pasará a ser de sentido dobre, desde Areal ata García Barbón.




O Concello de Vigo iniciará a noite deste martes os preparativos para a montaxe da noria en Areal e o boneco de neve en Rosalía de Castro e con este motivo haberá restricións de tráfico no cruzamento da rúa Colón con Arenal e en Rosalía de Castro. Segundo avanzou o alcalde en rolda de prensa, a partir das doce da noite do martes accederán á zona os camións co material polo que a deixarán valada e cortada ao tráfico como estaba previsto.

Desde as 21:00 horas de hoxe xa haberá unha reprogramación do cruzamento da rúa Colón para habilitar o semáforo de saída da rúa Pontevedra a García Barbón e desde as 00:00 horas do mércores despregarase a sinalización necesaria para que á primeira hora da mañá queden establecidos os desvíos no dobre sentido para bus e taxi na rúa Pontevedra.

A partir do mércores e ata o próximo 20 de xaneiro queda activado a restrición de tráfico (excepto para garaxes e residentes) nos tramos de Colón, entre Areal e Marqués de Valladares; Areal, entre o cruce con rúa Pontevedra e Colón; Praza de Compostela, desde Colón a Velázquez Moreno; Rosalía de Castro, desde República Arxentina a Inés Pérez de Ceta; e Inés Pérez de Ceta, cortada en ambos os sentidos (excepto saída aparcadoiro).

Ademais, habilítanse a rúa Pontevedra en dobre sentido e a Inés Pérez de Ceta en sentido único cara a Rosalía de Castro só desde a saída do aparcamento.

O alcalde lembrou que xa comezou o luns a montaxe da caseta de Papá Noel, que estará instalada en Príncipe, e a empresa iniciará a montaxe dos xardíns de temática do Nadal que estarán ao longo da rúa Príncipe e as rúas transversais. Tamén arrincou a instalación da plataforma sobre a que se asenta a árbore de Porta do Sol e desde esta noite ponse en marcha a montaxe da gran caixa de agasallo que estará emprazada en Gran Vía con Urzáiz.
Mais noticias
O Concello ingresa 2,6 millóns de euros do IBI da Universidade dos anos 2010 a 2013


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003