Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 05 de novembro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello ingresa 2,6 millóns de euros do IBI da Universidade dos anos 2010 a 2013

Co pagamento desta débeda o goberno municipal pode dispoñer recursos, contemplados no seu orzamento, para subvencións e bolsas para o alumnado universitario.

Abel Caballero informou este martes do pago de 2,6 millóns de euros por parte da Universidade de Vigo ao Concello en concepto dos IBIS que debía correspondentes aos anos 2010, 2011, 2012 e 2013 e que foron recoñecidos pola vía contencioso administrativa.

Segundo engadiu o rexedor, o resto dos IBIS pendentes fracciónanse e a Universidade irá aboándoos durante un período máximo de 10 anos. A partir de agora, a entidade académica poderá beneficiarse das axudas municipais para o seu alumnado, bolsas de comedor ou de estudos para as que o Concello ten presupostados máis de 300.000 euros.
Mais noticias
O goberno municipal inicia a instalación da noria e o moneco de neve do Nadal vigués


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003