Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 04 de novembro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Vigo aproba a contratación dos accesos á estación do AVE por 11,8 millóns de euros

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao expediente de contratación das obras de remodelación do enlace da rúa Lepanto coa autoestrada mediante un túnel e a conexión da AP9 coa estación do AVE e a de autobuses.

Segundo informou o alcalde, o expediente aprobado pola Xunta de Goberno Local inclúe os accesos á nova estación do AVE, o túnel de saída da rúa Lepanto á AP9 e a conexión da AP9 co centro Vialia e coa estación de autobuses. A obra ten un orzamento base de licitación de 11.843.000 euros dos que ADIF asume 8,8 millóns de euros, o Concello 2,5 e a Xunta de Galicia 592.000 euros.

O Concello asume a licitación, adxudicación, execución e dirección das obras do proxecto de construción da conexión do túnel de Lepanto e a AP9, mentres ADIF licita, adxudica e executa a conexión da AP9 co Centro Vialia cun prazo de execución de 17 meses.

Abel Caballero explicou que o cronograma de obras está coordinado coa concesionaria da obra, Ceetrus, de modo que cando o centro Vialia estea operativo, estes accesos debe estalo tamén. O rexedor engadiu que queda pendente a acometida doutras obras como os "espazos intersticiais", os espazos entre estacións e autoestrada que será unha "zona pública, zona de ocio da cidade, na que queremos ornamentación pública, na que haberá unha escultura..." e que ten un importe de 1,2 millóns de euros. Amais, queda a reforma da antiga praza da estación, onde irá a fachada da terminal de trens dos anos 40, que ten un custo de 1,7 millóns de euros e que o Concello licitará o próximo ano 2020. A previsión é que en agosto de 2021 estea rematada toda a obra.
Mais noticias
O Concello recorre a licitación do servizo de mantemento e conservación da presa de Eiras
Vigo inicia a montaxe da árbore da Porta do Sol, da caixa de regalo e da caseta de Papá Noel
O Auditorio Municipal acolle a estrea nacional de "A Rosalía. Concerto para piano e voz emocionado"
O problema da soidade centra as II Xornadas de envellecemento activo do Calvario
Xerencia de Urbanismo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003