Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 04 de novembro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello recorre a licitación do servizo de mantemento e conservación da presa de Eiras

A competencia para a explotación, mantemento e conservación da infraestrutura xa foi concedida ao Concello de Vigo polo Ministerio de Obras Públicas e publicada en el BOE el 17 de agosto de 1962.




O Concello de Vigo aprobou o pasado xoves en Xunta de Goberno a interposición dun recurso contra a licitación da Xunta para o servizo de explotación, conservación e mantemento da presa de Eiras, dos seus equipos e instalacións publicada por Augas de Galicia na Plataforma de Contratos de Galicia o 14 de outubro.

Segundo explicou Abel Caballero en rolda de prensa, a explotación, o mantemento e a conservación da presa de Eiras xa é competencia do Concello e a realiza a través da concesionaria municipal baixo a supervisión do xefe de Servizo de Execución e Planificación de Augas de Galicia, dependente da Xunta.

A competencia foi concedida ao Concello de Vigo polo Ministerio de Obras Públicas e publicada en el BOE el 17 de agosto de 1962. Ademais, o Concello tamén interpuxo en xuño unha reclamación ante o Tribunal Económico Administrativo pola pretensión da Xunta de Galicia de cobrar 655.000 euros polo mantemento da presa no ano 2014, importe que xa costeou o Concello.
Mais noticias
Vigo aproba a contratación dos accesos á estación do AVE por 11,8 millóns de euros
Vigo inicia a montaxe da árbore da Porta do Sol, da caixa de regalo e da caseta de Papá Noel
O Auditorio Municipal acolle a estrea nacional de "A Rosalía. Concerto para piano e voz emocionado"
O problema da soidade centra as II Xornadas de envellecemento activo do Calvario
Xerencia de Urbanismo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003