Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 04 de novembro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O problema da soidade centra as II Xornadas de envellecemento activo do Calvario

As charlas e actividades celebraranse os días 11, 12 e 14 de novembro. "Vivimos nunha sociedade onde a forma de entender a vida cambiou moito e cumprir anos é un valor", asegurou Abel Caballero na presentación do ciclo.




O gran problema da soidade non querida centra a segunda edición das xornadas sobre envellecemento activo que organiza a Asociación de Veciños do Calvario.

"Vivimos nunha sociedade onde a forma de entender a vida cambiou moito e cumprir anos é un valor", asegurou esta mañá Caballero na presentación do ciclo, á vez que ofreceu o seu apoio aos organizadores para posteriores edicións.

As charlas e actividades desenvolveranse os próximos días 11, 12 e 14 de novembro ás 19.00 horas no Centro Sociocomunitario do Calvario (Rúa Numancia, 3). Ademais, organizarán o chamados "Café en compañía" todos os venres.

O presidente da asociación, Raúl Fontán, explicou que este ano centran as xornadas na soidade dos maiores porque "é un grave problema que detectamos no noso barrio e a nivel global" e lembrou que están abertas a toda a poboación.
Pola súa banda, o xerontólogo Andrés Vázquez asegurou que estes programas de formación perseguen crear puntos de encontro e facer do envellecemento unha experiencia positiva chea de oportunidades de saúde, seguridade e participación para mellorar as condicións de vida das persoas maiores e previr a aparición de déficits propios da idade.
Mais noticias
Vigo aproba a contratación dos accesos á estación do AVE por 11,8 millóns de euros
O Concello recorre a licitación do servizo de mantemento e conservación da presa de Eiras
Vigo inicia a montaxe da árbore da Porta do Sol, da caixa de regalo e da caseta de Papá Noel
O Auditorio Municipal acolle a estrea nacional de "A Rosalía. Concerto para piano e voz emocionado"
Xerencia de Urbanismo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003