Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 10 de setembro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde valora a elección de Vigo para a presentación dos proxectos pilotos 5G do Ministerio de Economía

O Goberno de España presenta os proxectos seleccionados na convocatoria estatal de axudas a proxectos piloto de tecnoloxías 5G en Andalucía e en Vigo, elección que Abel Caballero agradeceu ao Ministerio polo que significa de "respaldo á nosa acción e á nosa forma de entender as novas tecnoloxías".




O MARCO acolleu este martes a presentación do Piloto 5G en Galicia, coa presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a ministra de Economía, Nadia Calviño.

No acto de apertura institucional, Abel Caballero eloxiou esta "gran iniciativa" e definiu o 5G como a "revolución" que mobilizará "todo", apuntando que "quen lidere esta tecnoloxía liderará a economía". O rexedor vigués puxo en valor a experiencia piloto 5G que ten lugar en Vigo, cun proxecto de coche autónomo que o propio Caballero puido testar.

O Goberno de España, a través do Ministerio de Economía e Empresa, puxo en marcha e resolveu unha convocatoria de axudas ao desenvolvemento de dous pilotos de tecnoloxía 5G, lanzada por Red.es, coa selección de dous proxectos que se desenvolverán en Andalucía e Galicia. O orzamento agregado ascende supera os 36 millóns de euros, dos que máis de 10 serán cofinanciados por Red.es a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a cargo do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE).

O proxecto piloto de tecnoloxía 5 G que se desenvolverá en Galicia é o presentado pola UTE Telefónica Móbiles España, Telefónica de España, Telnet Redes Intelixentes, Cinfo Contidos Informativos Personalizados, Centro Internacional de Oftalmoloxía Avanzada, Idronia Multimedia Solutions, Nokia Spain e Ericsson España. Ten unha duración de 24 meses e un orzamento de 11,5 millóns.

O proxecto contempla oito casos de uso que se desenvolverán en ámbitos moi diversos como son a retransmisión de eventos, o coche conectado (C-V2X), a supervisión de infraestruturas ferroviarias mediante drons, e a industria 4.0 con tres casos de uso baseados en técnicas de realidade aumentada, acceso inalámbrico fixo (FWA) e saúde (robot para diagnóstico oftalmolóxico remoto). Os casos de uso, ademais da experimentación coa rede 5G, inclúen o desenvolvemento de aplicacións e algoritmos de intelixencia artificial.

Ademais do acceso ás infraestruturas despregadas para o proxecto piloto, Telefónica poñerá ao dispor de terceiros (empresas, pemes, startups, etcétera) a infraestrutura tanto física, como de xestión, apoio e asesoramento dos laboratorios THE THINX (laboratorios enfocados a tecnoloxías IoT) situados en Madrid e Barcelona e aos que en 2019 dotaráselles de tecnoloxía 5G.

Para levalos a cabo despregarase unha rede 5G en varios puntos das catro provincias galegas, entre estas o centro urbano de Vigo.
Mais noticias
Caballero ofrece o apoio permanente do Concello de Vigo á Feira Mindtech


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003