Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 06 de setembro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Concello e Ceetrus cofinanciarán o ascensor que unirá García Barbón coa Estación do AVE

A Xerencia de Urbanismo dará conta a próxima semana dun convenio de colaboración entre o Concello e a división inmobiliaria do grupo Auchan -adxudicataria da construción da nova estación do AVE – para financiar ao 50% o proxecto básico do ascensor - pasarela que unirá García con Vía Norte. Cun orzamento aproximado de 200.000 euros, a previsión é que o proxecto estea rematado a principios de 2020.

O alcalde avanzou a incoación do convenio entre Concello e Ceetrus Urban Player Spain S.A. -empresa adxudicataria da estación do AVE – para mellorar o acceso peonil á praza pública do centro Vialia. Trátase, explicou, de executar un ascensor que, a través dunha pasarela peonil, comunique a praza pública do futuro centro con Serafín Avendaño, á altura do seu cruce con García Barbón e Vía Norte. Tal e como confirmou, a previsión é que este proxecto básico estea rematado entre xaneiro e febreiro de 2020.

O convenio, do que se dará conta na Xerencia de Urbanismo da semana que vén, recolle a redacción do proxecto básico por parte de Thom Mayne e o seu equipo, cun financiamento de aproximadamente 200.000 euros que serán financiados ao 50% entre Ceetrus e o Concello. A execución da obra corresponderalle á administración municipal mentres que a empresa adxudicataria comprometese a realizar todos os cambios precisos na estrutura de Vialia para dar encaixe ao ascensor e a súa pasarela.

Praza do Bicentenario
O alcalde tamén anunciou esta mañá que mañá sábado 7 de setembro executarase o aglomerado da rotonda do Bicentenario. Estes traballos enmárcanse dentro da obra de renovación do abastecemento e saneamento da cuarta fase da rúa Venezuela.
Mais noticias
O alcalde aborda o financiamento municipal co presidente da Deputación da Coruña
Vigo marca un novo récord de ocupación hoteleira durante o mes de agosto
Caballero animou a toda a cidade a gozar esta fin de semana "da mellor festa do Marisco do mundo"
O Mar de Vigo acolle a actuación de Mi Capitán
Vigo optará a acoller o Día Marítimo Europeo en 2025
Concello e Máis que Auga ofrecen 500 prazas de iniciación ao pádel, de balde, en Navia e Barreiro durante dúas semanas


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003