Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 05 de setembro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno local nomea aos novos representantes municipais do Padroado da Fundación MARCO

Abel Caballero deu conta esta mañá do nomeamento dos novos membros do Padroado da Fundación MARCO, no que estarán representados todos os grupos municipais. O Concello achega 605.000 euros anuais ao museo, o 75% do seu orzamento.


A Xunta de Goberno deu luz verde ao nomeamento dos representantes da corporación no Padroado da Fundación MARCO, unha entidade presidida polo alcalde da cidade. Tal e como explicou Abel Caballero, Abel Losada, María del Carmen Lago, María José Caride, Jaime Aneiros, Nuría Rodríguez e Cayetano Rodríguez entrarían a formar parte como vogais a instancias do PSOE. A proposta dos grupos do PP e Mixto, incorporaranse ao Padroado, os concelleiros Teresa Egerique e Oriana Méndez, respectivamente. O Concello é o máximo dinamizador do MARCO, asumindo o 75% do seu finanzamento, cunha achega anual de 605.000 euros
Mais noticias
O Concello programa 24 funcións no Auditorio Municipal dentro dunha nova edición de Vigocultura
O Concello forza a mellora do investimento do Consorcio na rehabilitación do Casco Vello
O alcalde visita o mural do CRAC de Coruxo, incluído no V programa de medianeiras


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003