Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 30 de agosto de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


A obras da estación do AVE e os accesos estarán rematadas en maio de 2021

Abel Caballero deu conta esta mañá do avance dos proxectos para a execución dos accesos á estación do AVE, que alcanzarán case 21,5 millóns de orzamento. Nestes momentos a obra de Tom Mayne está ao 35% da súa execución e o conxunto de toda a obra -estación e accesos - estará rematada en maio de 2021.


O goberno local dará conta na próxima Xerencia de Urbanismo da addenda ao convenio subscrito o 31 de maio entre Xunta, Adif e Concello para a execución dos accesos á estación do AVE de Tom Mayne. Este proxecto inclúe a reordenación dos accesos desde a autoestrada á estación e ao Centro Vialia, que con esta addenda se verán mellorados, ademais de supoñer outra serie de beneficios no proxecto. Este acordo, de 21.403.613 euros de orzamento, permitirá axilizar o desenvolvemento de todo o complexo, no que o centro Vialia, en obras desde marzo, xa está no 35% da súa execución.

A definición dos proxectos construtivos e incorporación de melloras elevan en case 7 millóns o importe inicial, que pasa a 17.270.316 euros, seguindo o seguinte desglose: ramal de conexión Estación de autobuses – AP9, 4.804.255,51 euros; túnel saída rúa Lepanto á AP9: 3.960.520,42 euros; conexión da AP9 co Centro Vialia: 5.519.614,08 euros; e, demolición do viaduto rúa Lepanto: 105.708,88 euros; instalacións e balizamento: 2.771.317,18 euros.

A reforma da Praza da Estación para garantir a axeitada comunicación peonil e rodada incorporará a recuperación da fachada da antiga estación de ferrocarril e suporá un custo de 1,7 millóns; a urbanización e integración da paisaxe -todos os espazos entre o proxecto Vialia, a estación de autobuses e os accesos, cun importe de 1.227.000 euros; e o núcleo de acceso de acceso á estación de autobuses, un valor de 900.000 euros.

Estas obras de acondionamento, que alcanzan os 21.403.613 euros, serán financiadas co seguinte reparto: ADIF 14,5 millóns (68%), Xunta: 3,4 millóns (16%) e Concello: 3.4 millóns (16%). Neste punto, o rexedor, agradeceu o compromiso de Adif coa cidade por asumir o importante custo "da maior obra que se fixo nunca na cidade".

As obras, que se completarán co ascensor de García Barbón, teñen unha duración de 15 meses e está previsto que rematen en maio de 2021. Tal e como explicou o rexedor, desde o Concello estase a traballar nunha planificación que permita a menor afección de tráfico posible.
Mais noticias
O Goberno municipal ofertará nun ano 258 prazas de emprego público
O Concello inaugurará o domingo a reforma do campo de fútbol Baltasar Pujales de Bouzas


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003