Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 30 de agosto de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Goberno municipal ofertará nun ano 258 prazas de emprego público

O Concello ofertará en menos dun ano 258 prazas de emprego público, das que 209 serán de quenda libre e o resto, 49, de promoción interna. Hoxe mesmo, a Xunta de Goberno aprobou 84 prazas da OPE 2019, ás que se sumarán outras 174 vacantes de ofertas pendentes de execución. A semana que vén comezará o proceso de elaboración de bases e está previsto que o proceso remate nun ano.




A Xunta de Goberno deu luz verde esta mañá á Oferta Pública de Emprego 2019 con 84 prazas, das que 78 serán de libre acceso e 6, de promoción interna. Destas 84, 6 están reservadas para persoas con discapacidade. Tal e como resaltou o rexedor en rolda de prensa, aprobáronse 49 vacantes para policías (48 axentes e un inspector); 11 para bombeiros (6 bombeiros, 2 condutores e 3 sarxentos); 5 diplomados en servizos sociais; e 5 de mestres de formación para EMAO. O resto das prazas serán 1 técnico de sistemas, 1 enxeñeiro forestal, 2 inspectores de empresas concesionarias, 2 subalternos, 7 oficiais de oficios e, por último, 1 axudante de oficios.

Esta oferta sumarase ás pendentes de execución de anos anteriores que suporán outras 174 vacantes. Destas 258 prazas, 209 serán de quenda libre e 49, de promoción interna. O Concello ofertará 62 prazas de policía, 24, bombeiros, 11 diplomados en servizos sociais, 34 corpos técnicos da administración (xurídicos, arquitectos, enxeñeiros, veterinarios ou economistas) e 127 de corpos administrativos, oficiais de oficios, subalternos, capataces ou encargados.

Segundo avanzou o rexedor, a semana que vén comezará o proceso de elaboración de bases e está previsto que o proceso remate nun ano "a maior convocatoria que se fixo nunca na historia de Vigo".
Mais noticias
A obras da estación do AVE e os accesos estarán rematadas en maio de 2021
O Concello inaugurará o domingo a reforma do campo de fútbol Baltasar Pujales de Bouzas


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003