Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 29 de agosto de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde apoia a demanda do sector da Xustiza de que os xulgados en Vigo teñan gardas de 24 horas

Abel Caballero trasladará ao Ministerio de Xustiza o seu apoio ao colectivo xudicial na súa reclamación de implantar en Vigo o sistema de gardas de 24 horas. Logo de manter un encontro con responsables de UXT, o rexedor defendeu este cambio porque redundará en mellor servizo á cidadanía e mellores condicións laborais para os traballadores.




O alcalde apoia a reivindicación do conxunto do sector xudicial de implantar nos xulgados de Vigo gardas de 24 horas, tal e como xa se autorizou noutros partidos xudiciais similares como Córdoba. Logo de manter unha reunión con responsables de FeSP-UXT de Galicia e de Pontevedra, Caballero defendeu con "vehemencia" a reivindicación dos profesionais da Xustiza porque suporá mellor servizo para a cidadanía e mellores condicións laborais para os traballadores. Nestes momentos, Coruña e Vigo son os partidos xudiciais de tamaño similar -350.000 habitantes e 8 xulgados de instrución – que segue a manter gardas dunha semana.

En apoio a esta "xusta" demanda de xuíces, fiscais e do conxunto dos traballadores da Xustiza, o alcalde enviará sendas cartas ao Ministerio de Xustiza e ao Consello Xeral do Poder Xudicial para que Vigo non sega a ser unha das dúas únicas cidades españolas que manteñen aínda o sistema de gardas semanais que tantas contraindicacións supoñen.
Mais noticias
O equipo da EVAP da Policía Local atendeu en 2018 a 141 vítimas de violencia de xénero


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003