Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 27 de agosto de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello homenaxea a memoria dos alcaldes e demócratas fusilados polo fascismo en 1936

O Concello de Vigo ofreceu este martes, nos Xardíns da Memoria Histórica do Cemiterio de Pereiró, un homenaxe aos exalcaldes de Vigo e Lavadores, Martínez Garrido e Antela Conde, respectivamente, asasinados polo alzamento do fascismo en agosto de 1936. Asistiron ao acto as fillas do tamén asasinado deputado socialista Antonio Bilbatúa.




O Xardíns da Memoria Histórica, no Cemiterio de Pereiró, Abel Caballero presidiu este martes o acto co que cada ano o Concello de Vigo honra a memoria dos fusilados en 1936 na madrugada do 27 de agosto.

Coa participación do goberno de Vigo e de un nutrido grupo de concelleiros, o Concello recordou oficialmente aos por entón alcaldes de Vigo e Lavadores, Emilio Martínez Garrido e José Antela Conde, respectivamente, ademais dos deputados Antonio Bilbatúa, Heraclio Botana e Ignacio Seoane, todos eles fusilados polos fascistas en 1936.

O alcalde interveu recoñecendo a memoria de todos eles e doutros demócratas asasinados daquela, como Apolinar Torres, Gil Santóstegui, González Brunet e Enrique Blein Budiño. A homenaxe contou coa presenza de familiares de Martínez Garrido, Antela Conde e de Antonio Bilbatúa, e concluíu cunha ofrenda floral e un minuto de silencio.
Mais noticias
48.000 propietarios poderán edificar en Vigo coa entrada en vigor da ordenación provisional
O censo de Vigo suma 1.000 habitantes no que vai de ano e achégase a histórica cifra de 300.000
O goberno local celebrará o venres a mesa de contratación para a reforma da Porta do Sol


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003