Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 27 de agosto de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O censo de Vigo suma 1.000 habitantes no que vai de ano e achégase a histórica cifra de 300.000

Abel Caballero informou este martes de que, a 25 de agosto, a cidade contaba cun total de 299.040 persoas censadas, case 1.000 máis que o pasado mes de xaneiro, polo que Vigo está a un paso de acadar a histórica cifra de 300.000 habitantes.

"É unicamente unha curiosidade, pero tamén un dato significativo". O alcalde de Vigo, Abel Caballero, desvelou este martes en rolda de prensa que a cidade está a punto de acadar os 300.000 habitantes, unha cifra histórica nunca lograda ata o de agora. "Creo que é froito do optimismo e o crecemento da cidade", sinalou o rexedor na súa comparecencia ante os medios de comunicación. Segundo explicou, o censo municipal do pasado 25 de agosto marca un total de 299.040 empadroados, cando o pasado mes de xaneiro era de 298.054. Os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) de xaneiro indicaban que a cifra era de 295.323 habitantes, polo que alcalde engadiu que haberá que esperar aos datos finais.

Becas de inglés
Por outra banda, o alcalde sinalou que entre o 16 e o 23 de setembro, 900 estudiantes vigueses de 4º de ESO disfrutarán das súas becas do programa municipal "Vigo en inglés". Caballero explicou que non quedou ningún alumno na lista de agarda e que todos os estudantes que solicitaron a beca e cumplen os requisitos poderán participar no programa. Nos vindeiros días haberá unha reunión informativa coas familias.
Mais noticias
48.000 propietarios poderán edificar en Vigo coa entrada en vigor da ordenación provisional
O goberno local celebrará o venres a mesa de contratación para a reforma da Porta do Sol
O Concello homenaxea a memoria dos alcaldes e demócratas fusilados polo fascismo en 1936


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003