Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 26 de agosto de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Caballero recibiu á representación do Trofeo Concello de Vigo de vela e piragüismo, cinco eventos previstos para setembro






Vigo e a súa ría serán referencia nacional durante o vindeiro mes de setembro no que a deportes de mar refírese coa disputa do Trofeo Concello de Vigo nas disciplinas de piragüismo e vela, segundo informou esta mañá o alcalde da cidade, Abel Caballero. O xefe do executivo local mantivo un encontro cunha representación dos clubs organizadores que lidera o Club Marítimo de Vigo.

Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, aplaudiu a iniciativa de Manuel Pedro Seoane, cabeza visible dunha ampla organización que aglutina, ademais de ao Marítimo de Vigo, ao Club Marítimo de Canido, Liceo Marítimo de Bouzas e Club Piragüismo Olívico (representados na cita polos seus respectivos presidentes, Zulema Prado, Mauro Olmedo, Miguel Pereira e Javier Herrera), co apoio da Federación Galega de Piragüismo e da Real Federación Galega de Vela. Todo iso dentro da Semana Abanca, representada neste acto institucional por Martín Blanco.

O rexedor, que recibiu de mans de Seoane a zamarra oficial das competicións, celebrou a forza dos deportes de mar en Vigo, que en cinco datas de setembro se disputarán en Teis (ETEA), Canido e Bouzas, coa ría como escenario natural da serie de eventos. En total, uns 1.800 participantes para unha competición multideporte náutico por excelencia en España.

O alcalde animou tamén a varias nenas e nenos do Club Piragüismo Olívico asistentes ao acto en representación dos centos de competidores que acudirán aos campionatos.

Así, o 7 de setembro na ETEA terá lugar o Trofeo Concello de Vigo de kayak de ma, tamén Campionato de Galicia e sexta e derradeira proba da Liga Galega. Tanto o Piragüismo Olívico como o Club Kayak Vigo levan todo o ano en postos de podio a nivel galego. Estímase que vai participar medio milleiro de palistas de tódalas idades (benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, sénior e veterano).

En 2013, cando a Semana se denominaba Novagalicia Banco, o remo facía a súa aparición na dársena da antiga base naval con bateis e remo olímpico. E dende esa data vive competicións de bateis, entre elas dous Campionatos de España (2015 e 2019), e varias probas de natación en augas abertas, sempre co patrocinio municipal.

O 14 e 15 de setembro en Canido, coa Ría de Vigo como campo de regatas, disputarase o Trofeo Concello de Vigo de vela lixeira para as clases 420, Vaurien e os Láser. Vigo manda a nivel mundial tanto en 420 como en Vaurien. Esta serie de probas foi considerada Evento de Interese Nacional pola Real Federación Española de Vela e calcúlase uns 300 regatistas de Galicia, Portugal, Cataluña, País Vasco e Cantabria.

A fin de semana do 21 e 22 de setembro rematará a serie de trofeos patrocinados polo Concello. O sábado 21 na ETEA, o Trofeo Concello de Vigo de kayak Pista, tamén Campionato de Galicia, para categorías alevín, benxamín e prebenxamín. Serán uns 800 os participantes, segundo explicou a organización.

E o domingo 22 disputarase na ría, con saída fronte a Bouzas, o XV Trofeo Vila de Bouzas-Concello de Vigo de Cruceros ORC, monotipos J80, categoría Sub-23 e Solitarios e A Dous. A vela pesada pechará así un mes magnífico cuns 200 cruceristas en acción.

Unha foto de familia co alcalde e a representación de organización e deportistas pechou o encontro oficial no Concello.
Mais noticias
Caballero esixe a retirada da candidatura da Illas Atlánticas ao non cumprir os requisitos da Unesco
O goberno local adxudica a reforma dos campos do Monte da Mina, San Andrés e As Relfas
Caballero: "A proposta do Concello para a Biblioteca do Estado satisfai ao Goberno"
O Mar de Vigo acolle as actuacións de Pedro Guerra, Uxía, Mikel Erentxun e Mi Capitán
O rexedor inaugurou a exposición fotográfica que afonda na figura de Quino Salvo coma xogador e adestrador de baloncesto


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003