Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 26 de agosto de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno local adxudica a reforma dos campos do Monte da Mina, San Andrés e As Relfas

Abel Caballero deu conta este luns da adxudicación das obras dos campos de fútbol do Monte da Mina, San Andrés de Comesaña e As Relfas-Sárdoma por un importe total de máis de 700.000 euros.

O goberno local adxudicou a reforma dos campos de fútbol de Monte da Mina, San Andrés de Comesaña e As Relfas-Sárdoma cun importe total de 718.000 euros. Segundo avanzou o alcalde, Abel Caballero, o Concello deu o visto e prace para que comecen as obras nas tres instalacións.

O rexedor lembrou que hai unha semana foi inaugurada a reforma do campo da Bouza, en Coia, e que mañá acaban os traballos no Baltasar Pujales de Bouzas. Ademais, indicou que están a punto de acabar obras moi avanzadas e que xa están finalizadas as dos campos de Navia, Meixoeiro e Candeán.

Por outra banda, están en proceso de adxudicación as obras nas instalacións de Valadares, San Miguel de Oia e Matamá. "O investimento total no último ano son 3 millóns de euros adicados a deporte de base", destacou o alcalde.
Mais noticias
Caballero esixe a retirada da candidatura da Illas Atlánticas ao non cumprir os requisitos da Unesco
Caballero: "A proposta do Concello para a Biblioteca do Estado satisfai ao Goberno"
O Mar de Vigo acolle as actuacións de Pedro Guerra, Uxía, Mikel Erentxun e Mi Capitán
O rexedor inaugurou a exposición fotográfica que afonda na figura de Quino Salvo coma xogador e adestrador de baloncesto
Caballero recibiu á representación do Trofeo Concello de Vigo de vela e piragüismo, cinco eventos previstos para setembro


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003