Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 22 de agosto de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Caballero cifra en 84 millóns o investimento municipal en Educación desde o ano 2008

O alcalde destacou este xoves a dedicación do Concello no ámbito educativo, que cifrou en 84 millóns desde 2008, e demandou á Xunta de Galicia que asuma as súas competencias cos colexios públicos da cidade.

"O Concello dedicoulle 84 millóns de euros a Educación e aos centros educativos vigueses desde 2008, mentres que a Xunta tan só 22 millóns, precisamente en materias que son da súa obriga por ter a competencia".

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ofreceu este xoves en rolda de prensa as cifras de gasto do goberno local en materia de Educación en contraposición coa Xunta de Galicia. O rexedor indicou que o Concello xa asumiu a construción de catro cubertas de patios de colexios e ten outras tres en marcha, ademais de quince peticións de outros tantos centros escolares.

"É tal a desatención da Xunta coa Educación en Vigo que os institutos solicitan ao Concello que fagamos as obras", indicou Caballero. O alcalde explicou que xa están rematadas as cubertas dos colexios do Rocío, Canicouva, Castelao e Carballal, mentres que en García Barcón xa empezaron as obras e están en tramitación as de Balaídos e Pintor Laxeiro.

No respecto ás solicitudes, os centros que fixeron chegar a petición para que o Concello constrúa a cuberta do patio son Javier Sensat, Celso Emilio Ferreiro, Seis do Nadal, Vilalaura, Mestres Goldar, Otero Pedraio, Josefa Alonso, Doblada, Valle-Inclán, Escultor Acuña, Frián-Teis, Fontescura e Saladino Cortizo, Atalaya e Carlos Casares.

Abel Caballero tamén reclamou á Xunta de Galicia o arranxo inmediato do muro caído no CEIP Lope de Vega o pasado 6 de xuño polo temporal e que aínda continúa sen solucionar, polo que o alumnado deberá comezar o curso sen a reparación feita.
Mais noticias
O Concello aprobará na sesión plenaria de setembro as reordenacións do Barrio do Cura e Cruceiro
O alcalde ofrece suprimir 500 butacas en Río Baixo para gañar espazo entre filas
Participación de alto nivel internacional en el Cidade de Vigo de ciclismo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003