Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 21 de agosto de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Os veciños de Ons transmiten ao alcalde a súa oposición a que as illas sexan Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo recibiu esta mañá aos veciños de Ons que lle trasladaron a súa oposición a que as illas nas que viven sexan Patrimonio da Humanidade. Na súa opinión, esta posición é un argumento máis para invalidar a candidatura promovida pola Xunta, posto que incumple xa o primeiro dos requisitos establecidos pola Unesco.




Abel Caballero aceptou hoxe mércores a petición de reunión dos habitantes das Ons que lle transmitiron a súa "oposición total" ao prantexamento da Xunta dunha candidatura a Patrimonio da Humanidade que inclúa Ons porque significaría a ruptura do seu modo de vida ao supoñer limitacións no seu día a día. A proposta da Xunta de promover o Parque das Illas Atlánticas para ser recoñecida pola Unesco foi "un engano masivo sobre as circunstancias desa candidatura, que ocultou que os habitantes de Ons estaban en contra ao ministro de Cultura e aos representantes das CCAA que de boa fe a incluíron en lista indicativa. Esta negativa supón incumprir o principal requisito deste recoñecemento que é contar coa anuencia dos habitantes da zona promovida.

O rexedor destacou a importancia de respectar a estes veciños, así como ao goberno de Bueu, ao tempo que engadiu que existen moitas máis fórmulas de protexer un territorio, unha vontade que tamén lle trasladaron os habitantes de Ons, moitos dos cales levan vivindo nas illas moitas xeracións. En opinión de Caballero, a Xunta "improvisou" tanto a súa candidatura, co único afán de interpoñerse na de Vigo, que non tivo en conta que a segunda illa en importancia, Ons, estaba en contra, mentres que, por contra, en Vigo estamos encantados todos con que as Cíes sexan recoñecidas pola Unesco. "A candidatura da Xunta está invalidada, teñen que retirala inmediatamente", reiterou. Os habitantes das Ons están enviado cartas a todas as comunidades autónomas aclarándolle que non queren ser Patrimonio da Humanidade.

En declaracións aos medios, Caballero deu conta doutros dous aspectos que tamén invalidarían a candidatura impulsada polo Goberno galego, que pasan por incluír Cortegada, que non ten unidade xeolóxica co resto das illas ou Sálvora, que ten unha grande zona de vertidos. Polo tanto, tal e como o alcalde veu defendendo nos últimos tempos, so Cíes cumpre todos os criterios da Unesco. Rematou avanzando que vai sumar os argumentos dos veciños de Ons ás cartas que enviará ao Goberno de España e aos responsables de comunidades autónomas "ás que Feijóo enganou".
Mais noticias
Vigo terá alumeado de Nadal desde o 23 de novembro ata o 11 de xaneiro
O alcalde recomenda "consumo responsable" de auga e avanza medidas se Eiras baixa do 80%
Concello e Coruxo FC abordan as melloras dos campos do Vao e de Fragoselo
Abel Caballero traslada a súa felicitación ao novo alcalde de Logroño
O Concello abre a inscrición para os cursos de alfabetización dixital


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003