Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 12 de agosto de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


"Ducias de miles" de sinaturas apoian a candidatura "Illas Cíes Patrimonio da Humanidade"

A pasada fin de semana, o Concello emprazou un posto de información e recollida de firmas da candidatura no festival O Marisquiño, onde plasmaron a súa rúbrica "miles" de persoas, segundo afirmou o alcalde. Abel Caballero preguntouse "cantas sinaturas ten a candidatura da Xunta" para Illas Atlánticas e recordou a oposición dos veciños de Ons.

"Cíes reúne todos os requisitos da Unesco", indicou Abel Caballero, quen citou os criterios de integridade e autenticidade, é dicir, o nivel de preservación e conservación das illas.

Ademais, a Unesco sinala que é imprescindible a participación da xente do lugar e, entre os interlocutores necesarios, cita aos propietarios dos bens, aos xestores e ás administracións locais. A este respecto, o alcalde avanzou que a candidatura das illas Cíes que impulsa o Concello acumula xa "ducias de miles" de firmas de apoio e preguntouse "cantas sinaturas ten a candidatura da Xunta", antes de recordar a oposición dos veciños de Ons -arquipélago que forma parte das illas Atlánticas-.

"O criterio fundamental para ser Patrimonio da Humanidade é o apoio dos habitantes da zona, é o criterio central", asegurou Caballero: "A candidatura da Xunta de Galicia rebentárona os carteis que están a colgar os habitantes da illa de Ons". A proposta das illas Atlánticas responde ao "desexo" da Xunta de Galicia "de obstaculizar a candidatura de Cíes Patrimonio da Humanidade", valorou o alcalde, quen fixo un chamamento ao presidente autonómico: "Señor Feijóo, retire inmediatamente a candidatura".
Mais noticias
O goberno de Vigo adica 500.000 euros a prolongar ata Rosalía a humanización de García Barbón
Caballero: "O Marisquiño foi un éxito incontestable, con máis xente e máis deporte que nunca"
O Campionato de Vigo de tenis poderá xogarse "coa totalidade de pistas renovadas"


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003