Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 06 de agosto de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Abel Caballero anima a participar este venres da Noite Branca, a "gran noite dos museos de Vigo"

A "gran mobilización en torno aos museos da cidade" terá lugar este venres, unha Noite Branca que demostra unha "intensa vida cultural" e que en edicións anteriores foi un "éxito moi importante". Serán máis de 40 visitas guiadas, lúdicas, con representacións e obradoiros, unha ducia de concertos musicais, 12 puntos de actividade, exposicións permanentes e temporais.




Programa


Este martes, na Pinacoteca municipal Francisco Fernández del Riego, o alcalde animou á cidadanía a participar este venres da Noite Branca, a "gran noite dos museos de Vigo", unha "gran mobilización" cultural e cidadá que ofrece ao público apertura dos centros expositivos ata as dúas da mañá, visitas guiadas, representacións e obradoiros e unha ducia de concertos.

As edicións anteriores da Noite Branca resultaron ser "un éxito moi importante", en verbas de Abel Caballero, quen valorou a "intensa vida cultural" proposta durante a tarde e a noite deste venres.

O Concello impulsou esta iniciativa hai sete anos, co principal obxectivo de poñer en valor o patrimonio da cidade á vez que desenvolve unha manchea de actividades nos centros que forman parte da Rede Museística e Expositiva do Concello de Vigo: o Museo "Quiñones de León" de Castrelos, o Verbum-Casa das Palabras, a Pinacoteca "Francisco Fernández del Riego", a Casa Galega da Cultura, a Casa das Artes e o MARCO. Ao igual que no ano anterior, participan tamén na Noite Branca os xacementos arqueolóxicos do Castro e o Centro de Interpretación do Mundo Romano de Toralla, e se suman Naturnova, o Museo do Mar e Salinae.

Nesta sétima edición, o público asistente poderá gozar de concertos en espazos como a Casa das Artes, o Xacemento Arqueolóxico do Castro, o Museo "Quiñones de León", os xardíns históricos de Castrelos ou o Verbum; ademais, haberá propostas musicais ao aire libre na rúa do Príncipe, arredor do Marco, e na praza da Princesa. Visitas guiadas, obradoiros participativos, interactividade, concertos, exposicións e a ampliación do horario co fin de potenciar o desenvolvemento de actividades para todo tipo de público relacionadas coas coleccións e as exposicións.

En total serán máis de 40 visitas guiadas convencionais, lúdicas, con representacións, obradoiros; unha ducia de concertos musicais; 12 puntos de actividade, con ampliación de aperturas, exposicións permanentes e exposicións temporais.
Mais noticias
O goberno municipal inviste 3 millóns de euros na mellora de once campos de fútbol
O Concello destina 45.000 euros para financiar o local social do Banco de Alimentos
O alcalde pide a Feijóo "atender as cuestións" de Vigo abrindo un escenario de diálogo distinto
O alcalde avanza o "reforzo" da Festa do Marisco de Vigo que se celebra do 5 ao 8 de setembro


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003