Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 05 de agosto de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello abre ao público o primeiro tramo da Vía Verde

Cun orzamento total de 1,4 millóns, o goberno de Vigo vén de abrir este luns case que medio quilómetro da nova senda peonil e ciclista que discorre sobre as antigas vías do tren, desde Urzáiz ata Teis, no entorno de Mestre Chané.





"Quixemos empezar pola zona máis próxima a Mestre Chané, moi habitada", anotou o alcalde, quen explicou que o tramo xa aberto supera os 400 metros de lonxitude e os 5.000 metros cadrados de superficie e está situado ao longo da rúa Mestre Chané.

A senda aberta, con espazos independentes para peóns e ciclistas, desemboca nunha zona de descanso e paseo de máis de 1.000 metros cadrados na que se conservan elementos ferroviarios, como sinalizacións, tramos da vía antiga, os postes da catenaria ou zonas de balastro.

Neste traxecto xa dispoñible, o Concello pechou o angosto paso soterrado que existía na rúa Mestre Chané e substituíuna por unha comunicación máis directa e en superficie, valorou Abel Caballero.

A Vía Verde contará con 3,6 quilómetros de lonxitude e discorrerá entre Urzáiz e Teis, polas antigas vías do tren. O Concello inviste na obra 1,4 millóns de euros para convertir o espazo nunha senda para peóns e ciclistas, con áreas de descanso, miradoiros e paneis informativos, mantendo a esencia ferroviaria no seu deseño. Para facilitar o acceso, o goberno de Vigo prevé habilitar pasarelas de acceso desde a rúa Navarra e desde a Avenida Buenos Aires.

García Barbón
Por outra banda, Abel Caballero tamén informou do inicio dos sondeos arqueolóxicos previos á humanización dun novo tramo da Avenida García Barbón, desta volta o comprendido entre o cruce con Rosalía de Castro e Isaac Peral. O alcalde recordou que xa está en obras a humanización dun treito anterior da Avenida, entre Serafín Avendaño e a conexión con Rosalía, por importe de 420.000 euros.
Mais noticias
O alcalde reclámalle a Feijóo por carta "as carencias e a débeda histórica da Xunta con Vigo"
Caballero urxe ao Consorcio do Casco Vello a cesión dun inmoble á Zona Franca para uso de Down Vigo
A Orquestra Clásica de Vigo ofrecerá un concerto no monte do Castro na noite das Perseidas


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003