Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 05 de agosto de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Caballero urxe ao Consorcio do Casco Vello a cesión dun inmoble á Zona Franca para uso de Down Vigo

O edificio, emprazado na rúa Real 27, é propiedade do Consorcio do Casco Vello. Abel Caballero esixiu a súa cesión "gratuíta e inmediata" á Zona Franca, que se compromete a rehabilitalo para o uso da Fundación Síndrome de Down.


Abel Caballero demandou ao Consorcio do Casco Vello de Vigo que ceda de forma gratuíta e urxente á Zona Franca o edificio da súa propiedade na rúa Real 27, inmoble que o ente estatal se compromete a rehabilitar para o uso da Fundación Síndrome de Down.

Segundo explicou o alcalde ante os medios, Zona Franca de Vigo quere facer responsabilidade social corporativa e comprometeuse a investir na rehabilitación deste edificio para cedelo de balde, cun alugueiro simbólico, a Down Vigo. O importe da recuperación superaría o millón de euros, segundo anotou.

Caballero requiriu do Consorcio do Casco Vello que aplique o mesmo criterio que seguiu cando cedeu de balde parcelas á Xunta de Galicia -para construír o albergue de peregrinos- e á Universidade de Vigo -para o seu edificio do Berbés-. O rexedor denunciou "varas de medir distintas" do Consorcio nestes casos e na Zona Franca, á quen quere cobrar polo inmoble que pretende rehabilitar en favor de Down Vigo.
Mais noticias
O Concello abre ao público o primeiro tramo da Vía Verde
O alcalde reclámalle a Feijóo por carta "as carencias e a débeda histórica da Xunta con Vigo"
A Orquestra Clásica de Vigo ofrecerá un concerto no monte do Castro na noite das Perseidas


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003