Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 02 de agosto de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno municipal organiza obradoiros infantís en Samil e nos barrios entre o 5 e o 13 de agosto

O alcalde vén de anunciar a celebración de diferentes actividades para os cativos en Samil, Bouzas, Navia, Praza da Independencia e O Calvario onde poderán participar nos espectáculos de maxia e circo, en obradoiros creativos e gozar de animación na rúa.

Entre o 5 e o 13 de agosto, o Concello de Vigo ten organizadas diferentes actividades para os máis pequenos da casa, tanto na praia de Samil como nos barrios da cidade.

Así, en Samil, entre o 5 e o 7 de agosto, desde as 17 horas e ata as 20:30 horas da tarde, nenas e nenos poderán participar en actividades creativas como origami, chapas, pintura, xogos e tamén gozar de espectáculos de maxia e circo.

Os obradoiros municipais organizados nos barrios de Vigo desenvólvense entre o 9 e o 13 de agosto entre as 18 e as 22 horas da noite cun programa de cinco obradoiros diarios e pases de animación na rúa con zancos e percusionistas. O 9 de agosto en Bouzas, o 10 agosto en Navia, en Teixugueiras, o 12 agosto na Praza da Independencia e o 13 agosto na rúa peonil do Calvario.
Mais noticias
O Concello programa visitas guiadas, exposicións, concertos e obradoiros na Noite Branca do 9 de agosto
Vetusta Morla, Xoel López e Furious Monkey House, triplo concerto este venres en Castrelos
O alcalde advirte á cidade sobre a incidencia no tráfico da procesión do Cristo
O rexedor recibe a responsables de Legálitas, que prevé facer 50 contratacións na cidade


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003