Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 01 de agosto de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno de Vigo completa a mellora de Urzáiz coa renovación dos sumidoiros

Logo do asfaltado executado nas últimas semanas, o Concello acomete agora a instalación de novas reixas no tramo entre Colón e a Gran Vía. As anteriores atascábanse continuamente, explicou este xoves Abel Caballero, quen recordou que o total da actuación en Urzáiz ascende a 150.000 euros.

O alcalde apuntou que a rúa Urzáiz fóra humanizada polo goberno previo á súa chegada á Alcaldía e "doce anos despois hai que refacela", o que definiu como "outro fracaso máis do proxecto anterior". En reformar as "humanizacións de mentira" feitas antes da súa chegada ao Concello, o goberno presidido por Abel Caballero leva investido máis de millón e medio de euros, segundo el mesmo cifrou.
Mais noticias
O alcalde compromete "o noso apoio e afecto sempre" ao Marisquiño en Vigo
Thirty Seconds to Mars ofrece este xoves en Castrelos o seu único concerto en Galicia


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003