Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 31 de xullo de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Pleno Municipal demanda a creación de solo industrial e comercial á Xunta de Galicia

A moción socialista logrou no Pleno o apoio de Marea de Vigo mentres o BNG se abstivo. Tamén se acordou instar á Xunta de Galicia a consignar anualmente a Vigo a mesma cantidade por habitante que se destina a Santiago de Compostela.

O Pleno da Corporación aprobou este mércores, co apoio de Marea de Vigo e a abstención do BNG, a moción do grupo municipal socialista solicitando á Xunta de Galicia o establecemento de medidas para fortalecer a Vigo e a súa área de influencia como o principal polo económico do sur de Galicia, mediante a creación de chan industrial e comercial así como polo establecemento dunha liña de axudas ás empresas innovadoras, sustentables, ecosostibles, de economía social e para a formación de traballadores especializados nos novos desenvolvementos.

A concelleira María José Caride defendeu a necesidade de reverter a situación da ausencia de solo industrial na cidade por ser o sustento de toda a provincia no ámbito económico e industrial. O edil do BNG criticou a ausencia de política industrial en Galicia que atribúe á falta de iniciativa pública. Oriana Méndez, edil de Marea de Vigo, apoiando a moción socialista, preguntou ao grupo socialista polos proxectos de economía social e a implicación que ten neles o goberno municipal mentres o edil popular, Jesús Marco González, atribuíu a ausencia de solo industrial á falta de PXOM na cidade, responsabilidade, dixo, do grupo socialista.

Débeda histórica da Xunta con Vigo
O Pleno Municipal aprobou tamén a moción do grupo socialista na que se insta á Xunta de Galicia a consignar anualmente a Vigo e, con carácter adicional á participación ordinaria nos ingresos da Comunidade Autónoma nos Orzamentos da Xunta de Galicia, a mesma cantidade por habitante que se asigna a Santiago de Compostela (24,117 euros por persoa, é dicir, 7.081.765 euros) de xeito que se contribúa a paliar a débeda histórica que a Xunta de Galicia mantén coa cidade. A moción saíu adiante co apoio do BNG, a abstención de Marea de Vigo e o voto en contra do PP.
Mais noticias
O Concello abona as facturas en nove días e mantense á cabeza de España
A Corporación insta á Xunta a integrar CEDRO no Sergas asumindo o custo do servizo
A Corporación pide á Xunta "diálogo" para unha nova zonificación escolar e aumentar as dotacións educativas
O Pleno pide un plan de choque para reducir as listas de agarda na sanidade viguesa


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003