Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 31 de xullo de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


A Corporación pide á Xunta "diálogo" para unha nova zonificación escolar e aumentar as dotacións educativas

A moción foi presentada pola Marea e saíu aprobada cunha emenda do grupo do goberno de Vigo instando á Xunta a incluír 3 millóns no orzamento autonómico do próximo ano para infraestruturas educativas da cidade. O PP de Vigo votou en contra.

O texto, defendido pola concelleira Oriana Méndez, foi aprobado co apoio dos grupos socialista e do concelleiro non adscrito do BNG, mentres que os representantes do PP vigués votaron en contra logo de terse incluído a emenda do concelleiro de Educación.

O acordo insta á Xunta de Galicia a "aumentar sensiblemente as dotacións educativas dos centros educativos de Vigo, recuperando liñas educativas, dotando de docentes permanentes e en todos os centros para o alumnado con necesidades educativas especiais nos centros que, como o Eduardo Pondal, foron privados destes servizos en datas recentes e naqueles que non o teñen actualmente".

Ademais, o Pleno demanda do goberno autonómico "a abrir urxentemente o diálogo coa comunidade educativa viguesa, co consello municipal de educación, con Foanpas, etcétera, de cara a artellar unha axeitada e consensuada nova zonificación escolar para Vigo".

Un terceiro punto aprobado, froito da aceptación da emenda proposta polo grupo socialista, require da Xunta a incorporación dunha partida de tres millóns de euros no orzamento autonómico de 2020 para infraestruturas educativas de Vigo.
Mais noticias
O Concello abona as facturas en nove días e mantense á cabeza de España
A Corporación insta á Xunta a integrar CEDRO no Sergas asumindo o custo do servizo
O Pleno Municipal demanda a creación de solo industrial e comercial á Xunta de Galicia
O Pleno pide un plan de choque para reducir as listas de agarda na sanidade viguesa


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003