Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 30 de xullo de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


A "Vigo Battle of Teams" de crossfit desta fin de semana, "a meirande proba de Europa en participación"


A Vigo Battle of Teams, a quinta edición dunha competición de crossfit que abrangue participantes de seis países (España, Francia, Bélxica, Alemaña, Italia e Portugal) celebrarase esta fin de semana no complexo deportivo municipal de Samil, de venres a domingo, co patrocinio do Concello de Vigo, segundo anunciou o concelleiro de Deportes, Manel Fernández.




Na presentación, o edil explicou que "a Vigo Battle of Teams é unha competición de alto nivel que vén de converterse nun evento de referencia en España e mesmo en toda Europa". E que hai uns mil competidores, ademais de reservas (son equipos de cinco deportistas que poden achegarse con dous suplentes por lesións).

Segundo a organización, CrossfitVigo, cuxa alma máter é Gustavo Veloso, o evento moverá preto de 2.500 persoas entre competidores e familiares, con moita xente de Madrid, Barcelona e País Vasco. De feito, o evento está pensado "para unir deporte e turismo", explicou Veloso, que lembrou tamén que superan o milleiro de participantes (750 no 2018) "porque foi unha promesa que fixemos o ano pasado ao alcalde. Somos considerados o evento de crossfit máis importante de España e agora o meirande de Europa por número de participantes".

Con 180 equipos, a competición está dividida en cinco categorías (Intro, Pro, RX, Master+35 e Elite). Os participantes terán que nadar, correr, saltar, probas de esforzo, facer exercicios de halterofilia, de ximnasia... entre a praia de Samil, o campo Armando Cajaraville do complexo municipal e Fragoselo (Coruxo).

"Espero que sexan uns xogos espléndidos porque esta competición xa forma parte do calendario habitual de deportes de Vigo", concluíu o concelleiro.
Mais noticias
O alcalde salienta os 80 millóns de inversión nova do orzamento de Zona Franca para 2020
Caballero avoga por aumentar "a duración e a atracción" da festa da Reconquista do 2020
Chumi Chuma inicia este martes os espectáculos infantís do Concello en Castrelos
Orde do día do Pleno do Concello


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003