Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 29 de xullo de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello inviste case 1,5 millóns de euros en rehumanizar cinco rúas empedradas

O alcalde visitou este luns a rúa Carral, na que se substituíu o empedrado por asfalto, dadas as deficiencias detectadas e o ruído que provocaba. Amais, a Xunta de Goberno aprobou a adxudicación dos materiais para instalacións deportivas e o mantemento dos centros municipais de distrito.




O goberno municipal vén de acometer a rehumanización das rúas Carral, Victoria e Luis Taboada substituíndo a pedra por un asfalto combinado con pedra e pulido, unha superficie máis flexible, con gran aparencia estética e que "aguanta ben sen facer ruído, seguindo o modelo da Praza de Compostela", apuntou o rexedor que aludiu á resistencia do firme grazas ao aglomerado en tres capas, que lle outorga firmeza pero tamén flexibilidade.

O rexedor sinalou que a actuación nestas tres rúas é a mesma que anteriormente acometera o Concello en García Olloqui e na Alameda "ante o ruído e o afundimento destas cinco rúas que eran continuos polo que tivemos que arranxalas bastantes veces". As rehumanizacións realizadas polo Concello suman un millón e medio de euros de investimento.

Caballero criticou ao goberno anterior que realizou humanización que "aos 5, 7, 8 anos estaban afundidas, foron pura aparencia e agora hai que volver facelas". Así, avanzou que queda por rehumanizar Marqués de Valladares que xa sufrira "un afundimento moi importante" polo que o Concello tomou a decisión de cambiarlle o firme a todas as rúas empedradas da cidade".

Acordos da XGL
A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar o subministro de materiais para mantemento e conservación de instalacións deportivas por un importe de 205.000 euros por un período de dous anos e a adxudicación da contratación do servizo de mantemento dos edificios de centros municipais de distrito dependentes da unidade de Participación Cidadá por un importe anual de 35.000 euros.
Mais noticias
Os concertos de Castrelos están a rexistrar "a maior afluencia de público da súa historia"
Vigo, o concello de España que máis nenos e nenas saharauís acolle este verán
O rexedor convida á cidadanía a celebrar o Día de Galicia en Castrelos


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003