Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 29 de xullo de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Os concertos de Castrelos están a rexistrar "a maior afluencia de público da súa historia"

O alcalde de Vigo avanzou esta mañá que os concertos gratuítos de Castrelos "están a bater todos os récords posibles" de asistencia, tal e como demostra o feito de que se venderan localidades de todas as actuacións -excepto dunha -con niveis de afluencia "incontrovertidos". Hoxe continúa a programación coa presencia do ex vocalista de Supertramp, Roger Hodgson.

Os concertos de Castrelos deste verán están rexistrando o maior número de afluencia de público da historia, segundo indicou esta mañá o rexedor hoxe luns, o día no que vai actuar Roger Hodgson, outro "extraordinario" espectáculo. Esgotáronse as entradas de todos os concertos -a excepción dun -con niveis de afluencia "incontrovertidos". En declaracións aos medios, indicou que o 1 de agosto haberá "outro pleno" con Thirty Seconds to Mars, mentres que o venres será a quenda de Vetusta Morla, Xoel López e Furious Monkey House. A última das citas musicais deste verán en Castrelos será o 8 de agosto, de man de David Bisbal.

O rexedor lembrou que ademais mañá arrancan as actuacións infantís, con Chumi Chuma (19,30h), Queenmanía (3 de agosto, 20,00h), O Rei León (5 de agosto, 20,00h), Shrek, o musical (6 de agosto, 20h) e Superwings (7 de agosto, 20h).

Además, o domingo 4 de agosto, chegan a Vigo "Los 40 summer Live", 22h - na Avenida Castelao - con Ana Mena e Alfred García (OT), Don Patricio, Sinsinati, Bombai, Pol Granch e Mon Band.
Mais noticias
O Concello inviste case 1,5 millóns de euros en rehumanizar cinco rúas empedradas
Vigo, o concello de España que máis nenos e nenas saharauís acolle este verán
O rexedor convida á cidadanía a celebrar o Día de Galicia en Castrelos


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003