Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 11 de febreiro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello apoia o talento fotográfico no cuarto Concurso Susana Santeiro

O edil de Cultura, Cayetano Rodríguez, participou este luns na presentación do certame fotográfico, cuxa mostra xa está exposta na primeira planta da Casa das Artes e entregará este venres os seus premios. A organización subliñou o incremento de participación de fotógrafos da área de Vigo.




Durante a presentación do evento, o concelleiro de Cultura agradeceu a iniciativa cultural da promotora, a Clínica dental Susana Santeiro, coa que colabora a Asociación Fotográfica Olívica e o goberno de Vigo coopera no seu desenvolvemento.

A primeira planta da Casa das Artes, en Policarpo Sanz, e ata o próximo 10 de marzo, acolle xa a mostra da cuarta edición deste Concurso de Relato Fotográfico, e recompila os traballos presentados ao concurso. Este venres, no mesmo espazo cultural, terá lugar a entrega de premios, entre os que se atopan fotógrafos da área de Vigo. A este respecto, a propia Susana Santeiro destacou na rolda de prensa o incremento de participación da cidadanía viguesa.

Rodríguez subliñou a capacidade da fotografía para "expresar emocións visualmente", en particular no caso da narrativa fotográfica, que integra as imaxes coa finalidade de contar unha historia.
Mais noticias
O Concello recoñece os 50 anos do CEIP Párroco don Camilo coa concesión do premio Vigués Distinguido 2019
O Concello enviará mil alumnos a estudar idiomas ao país de orixe, cun orzamento de 2,2 millóns
O goberno local inicia os trámites para a construción do segundo aparcadoiro gratuíto no Cunqueiro
Caballero di que a liga municipal de cros escolar, con 3.500 participantes, "amosa a capacidade dos centros de ensino para facer atletismo"


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003