Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 07 de febreiro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello, aberto a reservar prazas para residentes no aparcamento da Porta do Sol

O alcalde amosouse "disposto" a que os veciños do Casco Vello poidan optar a estacionamentos cando abra o aparcamento da Porta do Sol, que será despois da peonalización da praza pois o túnel empregará a primeira planta do parking. Mentres, Caballero insta ao Consorcio do Casco Vello a acordar prazas para os veciños nos soterrados do Berbés e da Laxe.

O alcalde defendeu a actuación da Policía Local no Casco Vello vigués, onde está a sancionar aos vehículos mal estacionados ou non autorizados que aparcan na zona histórica viguesa, logo dunha campaña de advertencia. Recordou o primeiro edil que a propia asociación veciñal requiriullo á Policía Local nunha reunión celebrada o pasado 4 de outubro, ademais de que a mesma entidade xa demandara a actuación policial a finais de xullo de 2017. Abel Caballero afirmou este xoves que "teñen razón" e como tal se está a actuar.

Así, o alcalde vigués mostrouse aberto a estudar solucións para ampliar as opcións de estacionamento de vehículos dos residentes na zona vella, sempre que estas sexan "compatibles" coa peonalización do Casco Vello. Neste sentido, Abel Caballero recordou que o goberno que preside impulsa a retirada dos vehículos na Porta do Sol, mediante un túnel que en parte empregará a primeira planta do céntrico aparcamento, agora pechado. Cando a Porta do Sol sexa peonil, o rexedor vigués amosouse "disposto" a abrir o estacionamento con prazas reservadas para residentes.

Mentres tanto, o alcalde demandou ao Consorcio do Casco Vello que chegue a acordos cos estacionamentos soterrados do Berbés e da Laxe para ofrecer aparcamentos aos inquilinos dos edificios promovidos pola entidade, representada ao 90% pola Xunta de Galicia e presidida polo delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves. Abel Caballero afirmou que estaría "encantado" se o Consorcio activa esta alternativa: "Nada llo impide"

Avanzou o rexedor que recibirá aos representantes da asociación veciñal do Casco Vello alto, entidade que remitiu ao Concello un escrito propoñendo alternativas, tendo en conta as "dificultades" que supón o aparcamento de vehículos nas zonas históricas das cidades. "Vamos estudar todas as posibilidades de aparcamento que poida ter o Casco Vello, compatibles cunha zona peonil e histórica da cidade, porque este é un principio que non imos deixar de ter: o Casco Vello ten que ser unha zona peonil, como está sendo e cun gran éxito social", concluíu.

Barrio do Cura
Sobre a proposta do PP vigués e do propio López-Chaves de habilitar un aparcamento para os veciños nos terreos do antigo asilo de Pi y Margall, o alcalde desbotou esta opción e recordou que o Concello acaba de outorgar licenza de derribo do inmoble polo "risco inminente de colapso" da estrutura, alertado por un enxeñeiro técnico.

"O Partido Popular proponnos que fagamos un aparcamento nunha zona con risco inminente de derrubo", asegurou Caballero, quen definiu a alternativa como "inconcibible, unha ocorrencia e unha temeridade".
Mais noticias
O goberno municipal insiste na inclusión dun instituto na modificación do plan parcial de Navia
Vigo aproba o proxecto para construír unha zona de ocio sobre o falso túnel da AP9 en Candeán
O alcalde traslada o apoio municipal á campaña "Ratios enfermeiras"
Actividades no Centro de Documentacion e Recursos Feministas


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003