Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 06 de febreiro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


A artista viguesa Pilar Alonso recibirá o galardón "Galega Destacada 2018" o 9 de febreiro

O Concello organiza e financia un ano máis á homenaxe anual á pensadora e escritora Concepción Arenal, que nesta ocasión se celebrará o próximo sábado 9 de febreiro. Este ano a "Galega Destacada 2018" será a artista viguesa Pilar Alonso, tal e como propuxo o colectivo "Diálogos 90".

O colectivo "Diálogos 90" decidiu outorgar o galardón "Galega Destacada 2018" á artista Pilar Alonso, nacida en Vigo en 1972. O Concello coopera a financia un recoñecemento que conmemora a efeméride da pasamento da pensadora e escritora Concepción Arenal e que se celebra o próximo sábado, 9 de febreiro.

Os actos comezarán ás 12,30 h coa tradicional ofrenda floral do Cemiterio de Pereiró e continuarán ás 13,00 h, xa no Pazo Quiñones de León, onde terá lugar a entrega da distinción. Pilar Alonso, gran artista viguesa, licenciada en Belas Artes, foi becada como pintora no Paular de Segovia, cursou estudos de postgrado en Frankfurt e ao longo da súa carreira expuxo en numerosas galerías de España e Alemania. En 2012 publicou o seu primeiro libro de artista en torno á "La Diva" e en 2016 realizou intervencións en murais de Barcelona, en edificios do Grupo Pereira e dentro do proxecto "Vigo, cidade de cor", xa que é a autora da medianeira pintada en Fragoso.
Mais noticias
Abel Caballero responsabiliza a Pastor e Feijóo do atraso do AVE: "Agora estaría en obras"
O goberno municipal ten acabadas de rematar ou en marcha humanizacións por valor de 12 millóns
O Concello esixe á Xunta medidas urxentes de seguridade na lonxa de Canido tras sufrir un derrube
A Biblioteca do Auditorio Mar de Vigo recibiu a un total de 82.119 usuarios durante 2018
O rexedor visita o CEIP Valle Inclán en Lavadores


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003