Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 06 de febreiro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello esixe á Xunta medidas urxentes de seguridade na lonxa de Canido tras sufrir un derrube

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, alertou de que as consecuencias poderían ser moi graves se a caída do teito fose dúas horas despois. "Agardamos a que a Xunta informe do sucedido", sinalou.

O Concello de Vigo dirixiuse este mércores a Portos de Galicia, dependente da Xunta, para que tome medidas urxentes de seguridade na lonxa de Canido, onde a primeira hora da mañá rexistrouse un derrube parcial do teito.

"Foi un gravísimo accidente que afortunadamente non tivo consecuencias porque non había actividade, pero no quero pensar o que ocorrería se fose dúas horas despois", sinalou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.

Segundo explicou o rexedor, o accidente rexistrouse ás 07:30 horas cando parte do teito da lonxa viuse abaixo. Dous vehículos dos Bombeiros de Vigo e patrullas da Policía Local acudiron ao lugar e posteriormente os técnicos de Urbanismo revisaron as instalacións para coñecer o alcance dos desperfectos.

"Agardamos as informacións da Xunta de Galicia, agardo rapidamente que informen á Confraría de Pescadores e á cidadanía", sinalou Caballero.
Mais noticias
Abel Caballero responsabiliza a Pastor e Feijóo do atraso do AVE: "Agora estaría en obras"
O goberno municipal ten acabadas de rematar ou en marcha humanizacións por valor de 12 millóns
A Biblioteca do Auditorio Mar de Vigo recibiu a un total de 82.119 usuarios durante 2018
O rexedor visita o CEIP Valle Inclán en Lavadores
A artista viguesa Pilar Alonso recibirá o galardón "Galega Destacada 2018" o 9 de febreiro


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003