Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 05 de febreiro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello completa a senda fluvial do Lagares co tramo que vai desde Manuel Álvarez á Avenida de Madrid

O Concello inicia o último tramo da senda fluvial do río Lagares habilitando o tramo que vai desde Manuel Álvarez á avenida de Madrid, cun orzamento que se eleva aos 800.000 euros. O próximo xoves, o goberno local aprobará o proxecto de expropiación de 96 parcelas o que permitirá acometer 3.600 novos metros de paseo.

A Xerencia de Urbanismo dará luz verde o próximo xoves ao proxecto de expropiación para a execución da ampliación da senda fluvial do río Lagares. O tramo é o que vai da rúa Manuel Álvarez á Avenida de Madrid e o obxectivo é darlle continuidade ás sendas que na actualidade xa acompañan o curso do río Lagares.

Segundo detallou Caballero, a expropiación afecta a 96 parcelas na zona colindante ao río e orzamento total do proxecto elévase case a 800.000 euros. Son 3.621 metros lineais e o proxecto se executará en sete tramos. Tal e como explicou Caballero, a iniciativa inclúe estudo medioambiental, que prevé a plantación de 140 árbores de gran porte (carballos e freixos) e a recuperación da biodiversidade das marxes e espazos fluviais coa plantación de preto de 700 arbustos e pequenas árbores. Deste xeito, remataremos todo o paseo na zona transitable, dixo, ao tempo que avanzou a instalación de luces que se acendan co paso da xente, minimizando ao máximo o risco de contaminación lumínica.

O Concello conta xa coa autorización de Augas de Galicia pero segue sen recibir resposta da Dirección Xeral de Patrimonio, a pesar de ter solicitado o informe o 17 de setembro de 2017 e reiterar a petición o 7 de agosto de 2018. O goberno local segue co proxecto dado que, pasados seis meses, o silencio administrativo é positivo.

Respecto do procedemento administrativo, unha vez aprobado o proxecto expropiatorio, abriremos o trámite de de exposición pública por un prazo dun mes para que todas as persoas interesadas poidan presentar alegacións. A continuación, notificaranse as taxacións de xeito individual a aquelas persoas que figuren como titulares dos bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal das follas de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración para que formulen as alegacións que estimen nun prazo dun mes desde a notificación.
Mais noticias
O alcalde celebra que o BOE "desbloquea" o AVE directo Vigo-Madrid por Cerdedo
Mayne acorda con Caballero integrar a vella fachada da estación e o novo elevador no deseño de Urzaiz
O Concello divulga entre 120 escolares a importancia dos humedais na biodiversidade
O Concello de Vigo aproba a súa Memoria de Transformación Dixital
O alcalde mostra o seu apoio ao labor da Asociación Española contra o Cancro de Vigo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003