Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 05 de febreiro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello divulga entre 120 escolares a importancia dos humedais na biodiversidade

O alcalde visitou este martes a xornada organizada polo goberno de Vigo no parque de Castrelos para conmemorar o Día Mundial dos Humedais, con 120 alumnos dos colexios Canicouva e Mestres Goldar. Vigo conta con 314.000 m2 de zonas húmidas.




En declaracións aos medios, o alcalde explicou que esta iniciativa procura trasladar ao alumnado do Mestres Goldar e do Canicouva os valores medioambientais das zonas húmidas e a súa importancia na preservación da biodiversidade. De forma lúdica e participativa, os monitores explicaron aos escolares as características destes espazos como ecosistemas, a súa flora e fauna, e as especies autóctonas e invasoras, ademais de cuestións particulares do parque de Castrelos.

No tocante ao parque, o alcalde avanzou que o goberno vigués traballa nun censo da fauna existente en Castrelos, que é "extremadamente rica", e puxo en valor a recuperación das zonas húmidas coas que Vigo conta, entre a que destacou a da Bouza. A cidade ten 314.000 m2 de humedais, sendo os máis salientables os da Bouza, Goberna, Muiños, O Vao, Fontes-Pertegueiras, Barreiro e a Xunqueira do Lagares, este último de auga salgada.
Mais noticias
O alcalde celebra que o BOE "desbloquea" o AVE directo Vigo-Madrid por Cerdedo
O Concello completa a senda fluvial do Lagares co tramo que vai desde Manuel Álvarez á Avenida de Madrid
Mayne acorda con Caballero integrar a vella fachada da estación e o novo elevador no deseño de Urzaiz
O Concello de Vigo aproba a súa Memoria de Transformación Dixital
O alcalde mostra o seu apoio ao labor da Asociación Española contra o Cancro de Vigo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003