Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 04 de febreiro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello subvenciona unha media do 82% do custo das escolas infantís municipais

O alcalde explicou esta mañá que o Concello subvenciona o 82% do custo das escolas infantís municipais, de modo que cada usuario paga unha media do 18% do prezo de cada praza e máis da metade das familias non pagan nada. O custo de cada centro ronda o cuarto de millón de euros anuais.


A Xunta de Goberno fixo a clasificación de ofertas para a contratación do servizo de xestión das escolas infantís de Bouzas (Casiano Martínez) e Tomás Alonso. O custo anual de cada centro é de 246.000 euros, nun contrato de catro anos e o promedio de pago dos usuarios e do 18%, posto que o Concello subvenciona o 82% de cada praza. De feito, a metade dos usuarios non pagan nada, por cuestións de renda.

O Concello ofrece nestes momentos 620 prazas en oito escolas infantís: Bouzas (80); Tomás Alonso (78); Costeira-Saiáns (72); Santa Marta-Casco Vello (72); Atalaia-Teis (82); Santa Cristina-Lavadores (76), Mestres Goldar-Castrelos (78) e Navia (82).

Biblioteca Neira Vilas
O goberno local tamén deu luz verde á terceira e última prórroga do contrato de servizos bibliotecarios para o centro municipal "Xosé Neira Vilas", cun importe de 258.000 euros. Tal e como detallou o rexedor, o contrato inclúe novos fondos documentais de interese; equipos informáticos, sistema de calidade para biblioteca; dispositivos electrónicos (e-readers, ipad, reproductores MP4); servizos de reprografía e impresión de documentos; mellora de recursos humanos e perfil profesional, actividades de extensión cultural, etc...



Mais noticias
Caballero propón integrar a fachada da vella estación de tren no deseño de Mayne para Urzáiz
A ministra de Industria, Comercio e Turismo visita o Casco Vello e coñece o traballo dos estaleiros
O alcalde valora os resultados positivos do Portal de Transparencia municipal
Obradoiro de edición en Wikipedia
Manel Fernández espera un milleiro de "runners" na Calvario 5+5, que mantén o percorrido do ano pasado


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003