Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 31 de xaneiro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno de Vigo estende a humanización de García Barbón ata Rosalía de Castro

Abel Caballero informou hoxe xoves da clasificación das ofertas presentadas para acometer a remodelación da Avenida, no tramo entre Serafín Avendaño e a glorieta que conflúe con Rosalía, por medio millón de euros. Engadido ao xa humanizado, o Concello leva investido 2,5 millóns en García Barbón.


O goberno de Vigo aprobou este xoves a clasificación das ofertas presentadas -antiga adxudicación provisional- para executar unha nova fase da humanización de García Barbón, na marxe impar da Avenida, desde Serafín Avendaño ata Rosalía de Castro. O orzamento reservado polo Concello ao efecto ascende a medio millón de euros.

Así, a administración presidida por Abel Caballero dá continuidade á humanización da céntrica Avenida -xa remodelada ata á altura de Serafín Avendaño- incrementando o seu investimento no vial ata os 2.535.000 euros, segundo anotou este mesmo xoves o alcalde, quen avanzou que prevé humanizar todo García Barbón, cun custe total estimado de cinco millóns de euros.

Ata a confluencia con Rosalía, o goberno vigués prolongará a humanización cos criterios habituais, renovando a pavimentación, con beirarrúas de granito e novas canalizacións de saneamento, abastecemento e pluviais, ademais de alumeado e rego, arborado, xardineiras, bancos e papeleiras

Urzáiz
Na reunión deste xoves, o goberno de Vigo aprobou o proxecto para pavimentar a rúa Urzáiz, entre Colón e a Gran Vía, por importe de 150.000 euros, tal e como informou o alcalde. Trátase dunha rúa humanizada hai trece anos que vai ser pavimentada de novo, renovando todo o asfaltado e arranxando as xuntas da estrutura subxacente para evitar a aparición de fisuras.

Na mesma actuación, que será de rápida execución e terá afección no tráfico, segundo apuntou Caballero, o Concello proxecta a mellora da rede de drenaxe e tamén a recollida das augas na beirarrúa.

Mais noticias
O rexedor anima aos estudantes vigueses a sumarse á candidatura das illas Cíes
O Concello reforestará zonas afectadas polos incendios do ano 2017 con 1.500 árbores
O Concello autoriza a construción dunha nova escola infantil en Bembrive
O alcalde eloxia a vocación de inserción laboral dos cursos de emprego Formaweb
O rexedor defende maior visibilidade para as mulleres que traballan no sector da pesca


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003