Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 31 de xaneiro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello autoriza a construción dunha nova escola infantil en Bembrive

Abel Caballero informou este xoves da concesión da licencia de obras para erixir unha nova escola infantil en Areeiro, Bembrive. A construción corre a cargo da Fundación Amancio Ortega nunha parcela cedida polo Concello, que á súa vez encargarase da xestión e mantemento desta escola de 82 prazas.

O alcalde informou este xoves da concesión de licencia de obras á Fundación Amancio Ortega, que investirá 855.000 euros na súa construción nunha parcela de Areeiro, en Bembrive, cedida polo Concello. A administración local encargarase despois da súa xestión e mantemento.

A de Bembrive sumarase á oito escolas infantís coas que conta o Concello actualmente, que reciben unha subvención media de entre 200.000 e 250.000 euros, segundo anotou Caballero. O alcalde engadiu que, no tocante ao pago dos usuarios, a subvención media do custo por praza é do 82%, mentres que aproximadamente a metade das familias non abonan nada, por criterios de renda económica.

A futura escola infantil de Bembrive ofrecerá 82 vacantes para nenos de entre cero e tres anos, que se sumarán ás máis de 600 das que xa dispón o Concello nos seus centros de Saiáns, Bouzas, Tomás Alonso, Casco Vello, Teis, Lavadores, Castrelos e Navia.
Mais noticias
O rexedor anima aos estudantes vigueses a sumarse á candidatura das illas Cíes
O Concello reforestará zonas afectadas polos incendios do ano 2017 con 1.500 árbores
O goberno de Vigo estende a humanización de García Barbón ata Rosalía de Castro
O alcalde eloxia a vocación de inserción laboral dos cursos de emprego Formaweb
O rexedor defende maior visibilidade para as mulleres que traballan no sector da pesca


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003