Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 30 de xaneiro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Pleno insta á Xunta a acordar a cesión e humanización da Avenida de Castrelos

A Corporación aprobou a moción presentada por Marea, coa abstención do grupo de goberno, que require da administración autonómica a cesión da PO-330 e a sinatura dun convenio co Concello para a súa "urbanización completa". O texto pide ademais un estudio de mobilidade na zona.

O acordo foi presentado pola Marea e aprobado grazas á abstención do grupo socialista, quen presentou unha emenda de substitución -instando á Xunta a expropiar, humanizar e ceder ao Concello o vial- que non foi aceptada polo grupo propoñente. O PP non participou no debate nin na votación deste asunto.

O texto finalmente aprobado require da Xunta de Galicia a cesión do PO-330 ao Concello de Vigo e a sinatura dun convenio co Concello de Vigo para a súa "urbanización completa nunha soa actuación". O goberno vigués, segundo a exposición de motivos da moción presentada por Marea, comprometeríase a levar adiante as expropiacións que fosen necesarias. Ademais, o contido do acordo solicita do goberno vigués dedicar parte dos fondos europeos EDUSI nesta actuación, o que foi descartado polo segundo tenente de alcalde e concelleiro de Fomento, Javier Pardo, por constituír unha modificación non permitida dos usos destes fondos, xa aprobados por Europa.

O último punto do acordo aprobado propón a realización dun "estudo de mobilidade para os viais da zona, ante a alta densidade de tráfico actual xerado por ser unha vía de acceso ao Hospital Álvaro Cunqueiro".
Mais noticias
Caballero alcanza acordos con Costas para a cesión e recuperación do bordo litoral de Vigo
Vigo continuou no 2018 á cabeza das cidades españolas no pronto pago a provedores
O Pleno reclama ao goberno autonómico un plan de choque e un campus de FP
O Concello avoga por un edificio singular para a Biblioteca do Estado e pide o apoio da Xunta
O alcalde, honrado polo recoñecemento "Suso Jares" ao labor de dúas escolas infantís municipais


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003