Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 30 de xaneiro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Pleno reclama ao goberno autonómico un plan de choque e un campus de FP

A Corporación Municipal aprobou hoxe mércores esta moción, presentada e avalada polos votos do goberno de Vigo e apoiada por Marea. O acordo demanda a Núñez Feijóo a "cumprir coas súas obrigas" como presidente e a implantar en Vigo un campus de Formación Profesional, "competencia exclusiva" da Xunta de Galicia.


A moción recorda que Vigo conta coa "maior demanda de formación profesional de Galicia e unha das máis importantes de España", debido ao peso de sectores como a automoción, naval ou a pesca. Así, e dado que o artigo 31 do Estatuto de Autonomía de Galicia recolle que a formación profesional é ensino regrado a financiar en exclusiva pola administración autonómica, o Pleno aprobou este mércores "instar a Alberto Núñez Feijóo a cumprir coas súas obrigas como presidente da Xunta" e "implantar un plan de choque urxente de FP de Vigo, utilizando as instalacións das que xa dispón". Estes acordos compleméntanse coa demanda ao goberno de Feijóo de "poñer en marcha o campus de FP necesario para a cidade de Vigo".
Mais noticias
Caballero alcanza acordos con Costas para a cesión e recuperación do bordo litoral de Vigo
Vigo continuou no 2018 á cabeza das cidades españolas no pronto pago a provedores
O Concello avoga por un edificio singular para a Biblioteca do Estado e pide o apoio da Xunta
O alcalde, honrado polo recoñecemento "Suso Jares" ao labor de dúas escolas infantís municipais
O Pleno insta á Xunta a acordar a cesión e humanización da Avenida de Castrelos


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003