Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 28 de xaneiro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Técnicos do Ministerio de Cultura validan a construción dun edificio singular como Biblioteca do Estado

Vigo xa ten enfocado o proceso que lle permitirá contar cunha Biblioteca do Estado nun edificio emblemático e singular. Segundo avanzou o rexedor, técnicos do Ministerio de Cultura coñecerán hoxe luns as diferentes posibilidades do espazo, unha parcela municipal situada na rúa Lalín.




O alcalde deu conta esta mañá da presencia en Vigo de técnicos do Ministerio de Cultura que coñecerán as posibilidades do espazo da rúa Lalín no que o Concello prevé a construción da Biblioteca do Estado. Trátase dunha parcela municipal que o goberno local expropiou por tres millóns de euros -a instancias da Xunta - para construír a Cidade da Xustiza, unha idea finalmente desbotada polo propio Goberno galego.

Deste xeito e a pesares dos obstáculos do presidente da Xunta, Vigo contará cun edificio emblemático e singular, tal e como sucedeu en Santiago, e as actuais torres xudiciais serán un complexo cultural que permitirá revitalizar o comercio da zona. Segundo insistiu o rexedor, é o goberno local o que decide o que se fai na cidade e, de feito, o Concello xa está a traballar no Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións para cambiar a cualificación do solo -para convertelo en dotacional cultural -, un trámite que se prolongará 8 ou 9 meses.

Mentres tanto, engadiu, o Ministerio comezará coa tramitación do proxecto de Biblioteca que será financiado con remanentes, sen que sexa precisa partida orzamentaria neste momento da tramitación. A finais de ano, o solo estará recualificado e o proxecto construtivo estará en marcha e a partir de aí, si será preciso introducir dotación orzamentaria nas contas do Estado. Outra das críticas do alcalde á proposta da Xunta de situar a Biblioteca do Estado nas actuais torres xudiciais é a ralentización do proxecto dado que suporía 3 ou 4 anos de atraso respecto á proposición municipal.
Mais noticias
O Concello continúa a humanización de Venezuela que ascende a case 5 millóns de euros
Chenoa e Sidecars actuarán no Entroido de Vigo
O goberno municipal avanza na contratación da Vía Verde por 1,4 millóns de euros
O alcalde visita o Laboratorio Europeo de Biotoxinas Mariñas xunto á ministra de Sanidade
O Concello acomete ata o 17 de febreiro o acondicionamento das pistas de atletismo de Balaídos


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003