Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 28 de xaneiro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello continúa a humanización de Venezuela que ascende a case 5 millóns de euros

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o proxecto para a mellora da rede de abastecemento e saneamento no tramo entre Taboada Leal e Marqués de Alcedo, que estaba pendente do permiso de Patrimonio da Xunta de Galicia.

"Está quedando unha humanización excepcional" asegurou este luns Abel Caballero ao dar conta da aprobación do proxecto técnico e os custos asociados ao mesmo para a mellora da rede de abastecemento e saneamento na rúa Venezuela, no tramo que vai dende Taboada Leal ata Marqués de Alcedo e que ten un orzamento de 513.000 euros. O investimento total na rúa Venezuela, incluído o parque infantil, chega ata os case 5 millóns de euros, segundo apuntou.

O rexedor explicou que as obras supoñen a continuación da humanización que está acometendo o goberno municipal desde Pizarro e "traémola ata Taboada Leal, que estaba pendente da autorización de Patrimonio da Xunta de Galicia" a que, dixo, finalmente "non lles quedou más remedio que conceder o permiso".

O proxecto contempla a renovación das beirarrúas, dos bordos e pavimentos, das redes de saneamento, abastecemento e pluviais así como a incorporación de xardineiras e a aglomeración da rúa.
Mais noticias
Chenoa e Sidecars actuarán no Entroido de Vigo
O goberno municipal avanza na contratación da Vía Verde por 1,4 millóns de euros
O alcalde visita o Laboratorio Europeo de Biotoxinas Mariñas xunto á ministra de Sanidade
Técnicos do Ministerio de Cultura validan a construción dun edificio singular como Biblioteca do Estado
O Concello acomete ata o 17 de febreiro o acondicionamento das pistas de atletismo de Balaídos


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003