Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 28 de xaneiro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello acomete ata o 17 de febreiro o acondicionamento das pistas de atletismo de Balaídos

O alcalde informou do inicio hoxe luns dos traballos de limpeza, que se prolongarán ata o 1 de febreiro. A previsión, se o tempo o permite, é proceder co pintado das pistas do 4 ao 6 de febreiro, de tal forma que o 17 do próximo mes estean listas para ser homologadas pola Federación Española de Atletismo.

Abel Caballero ofreceu este luns o calendario dos traballos de acondicionamento das pistas de atletismo de Balaídos, que xa comezaron con previsión de ter finalizadas as obras o 17 de febreiro. A partir de entón, a Real Federación Española de Atletismo terá que homologar as pistas por acoller "alta competición", anotou o alcalde.

A este respecto, Abel Caballero recordou que as pistas de atletismo de Balaídos son "instalacións supramunicipais", empregadas por deportistas de toda a área de Vigo. "Tería que ser a Xunta, polo seu carácter supramunicipal, a responsable das instalacións e do seu mantemento", aseverou o alcalde, "pero como non o fai a Xunta, faino a cidade".

No seu "aviso a navegantes", Caballero preguntouse "quen paga as pistas de alto rendemento de Pontevedra", pois as pistas de Balaídos "son de Vigo, as paga Vigo e están a utilizalas atletas de todo o territorio, porque a Xunta fai deixamento da súa responsabilidade e da súa obrigación".
Mais noticias
O Concello continúa a humanización de Venezuela que ascende a case 5 millóns de euros
Chenoa e Sidecars actuarán no Entroido de Vigo
O goberno municipal avanza na contratación da Vía Verde por 1,4 millóns de euros
O alcalde visita o Laboratorio Europeo de Biotoxinas Mariñas xunto á ministra de Sanidade
Técnicos do Ministerio de Cultura validan a construción dun edificio singular como Biblioteca do Estado


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003