Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 28 de xaneiro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno municipal avanza na contratación da Vía Verde por 1,4 millóns de euros

"Arranca a Vía Verde entre Vigo e Redondela" sinalou o alcalde, quen explicou as actuacións do proxecto con case 3,6 quilómetros de senda peonil e para bicicleta con miradoiros, áreas de descanso, apeadoiros e zonas de aparcamento.

A Xunta de Goberno Local aprobou a clasificación de ofertas para a contratación das obras de implantación da vía verde sobre o antigo trazado ferroviario entre Teis e Urzáiz e o mantemento das zonas verdes, do mobiliario urbano e das instalacións eléctricas cun presuposto de licitación de 1,4 millóns de euros.

Tal e como expuxo o rexedor, a Vía Verde ten unha lonxitude de 3,597 quilómetros, cun ancho de 3 metros para o carril bici e de 2 metros para a senda peonil e contempla dúas actuacións para facilitar o acceso: unha pasarela entre Vía Norte e a rúa Navarra de 51 metros e unha rampla na Avenida de Bos Aires de 150 metros. Caballero engadiu que o Concello "abrirá o máximo posible de accesos".

O proxecto contempla varias actuacións: o acondicionamento da plataforma ferroviaria e o dalgunhas zonas adxacentes para convertelas en áreas de descanso ou miradoiros, aproveitando os elementos propios da infraestrutura ferroviaria, citando como exemplo os postes das catenarias "para manter o espírito ferroviario da zona", segundo Abel Caballero. Amais o goberno municipal instalará mobiliario, carteis e delimitará zonas de aparcamento.
Mais noticias
O Concello continúa a humanización de Venezuela que ascende a case 5 millóns de euros
Chenoa e Sidecars actuarán no Entroido de Vigo
O alcalde visita o Laboratorio Europeo de Biotoxinas Mariñas xunto á ministra de Sanidade
Técnicos do Ministerio de Cultura validan a construción dun edificio singular como Biblioteca do Estado
O Concello acomete ata o 17 de febreiro o acondicionamento das pistas de atletismo de Balaídos


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003