Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 09 de xaneiro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno de Vigo prevé ampliar o Nadal Bus o próximo ano con reservas por Internet

Abel Caballero deu conta da incorporación deste servizo á programación das festas de Nadal, logo do éxito do autobús que suma 14.379 pasaxeiros desde o primeiro de decembro, o que cualifica de "éxito notable".

O alcalde referiuse este mércores ao "nivel altísimo de ocupación" do Nadal Bus que quedou sen poder empregar "infinidade de persoas" porque a demanda "foi moi superior á oferta" malia que o Concello incrementou o servizo poñendo un autobús máis en funcionamento.

Desde o 1 de decembro e ata o 8 de xaneiro, un total de 14.379 persoas fixeron uso do Nadal Bus municipal; un "éxito notable" que fará que o Concello o incorpore de forma estable nos próximos anos buscando un autobús adicional e permitindo as reservas por Internet para mercar o billete, na procura dun "sistema máis eficiente", tal e como explicou hoxe o rexedor.

Ademais, Caballero lembrou que este domingo, 13 de xaneiro, o Concello celebra o peche do alumeado de Nadal cun concerto de Broken Peach ás 19 horas na Porta do Sol, desde onde unha hora máis tarde, se apagarán as luces de Nadal da cidade.
Mais noticias
A Praza de América inicia a súa reforma para converterse nunha zona "para vivir e pasear"
O Concello reforza o dispositivo de frío con efectivos de Protección Civil
O Concello adica 125.000 euros á formación e emprego de trece vítimas de violencia machista


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003