Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 07 de xaneiro de 2019

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Os 2,1 millóns da última fase da humanización de Camelias eleva a 7,2 o total da inversión na rúa

O Concello investiu na humanización de Camelias 7,2 millóns dos que 2,1 se corresponden coa última fase, a que vai desde Juan Ramón Jiménez ata a avenida da Hispanidade. Ademais da renovación de redes de abastecemento, saneamento e alumeado, se prevé a creación dun novo espazo público entre os números 19 e 21 da rúa.




O alcalde visitou esta mañá a humanización da última fase da rúa Camelias -entre Juan Ramón Jiménez e Hispanidade -, cun investimento de 2.165.000 euros. Tal e como explicou, os traballos incluirán a renovación de pavimentación, de abastecemento, de redes de alumeado, melloras de seguridade viaria e incorporación do carril bici. A obra inclúe a creación dun novo espazo público entre os números 19 e 21 que permitirá a creación dunha nova senda verde de unión e tamén se demolerá un galpón que permitirá gañar un novo espazo público.

Respecto das zonas verdes, respectaranse os camelios existentes -habilitando espazos axardinados – e se prevé plantar un camelio exemplar no cruce de Camelias con Romil. Outro das novidades será un novo paso de peóns fronte ao ascensor inclinado para darlle continuidade ao corredor que vén desde o Auditorio Mar de Vigo. Tal e como subliñou, esta última fase da humanización eleva a 7,2 millóns o total do investimento na rúa.
Mais noticias
Vigo revalidou en decembro a súa primeira posición como administración mellor pagadora de España
O Concello aproba o quinto programa de murais urbanos para decorar outras 14 medianeiras
O Concello dá o seu apoio para a celebración do Congreso Nacional de Matronas en Vigo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003