Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 04 de decembro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Actos do 25 aniversario do Consello Municipal da Muller

Hoxe, 4 de decembro, comezan os actos conmemorativos do 25 aniversario da constitución do Consello Municipal da Muller, cunha xornada de convivencia para mulleres, no Hotel Coia. O 2 de decembro de 1993 nace o Consello, como unha iniciativa pioneira en todo o estado e co obxecto de garantir o dereito á participación na vida municipal das cidadás viguesas como colectivo social.




Os actos conmemorativos continúan o xoves día 13, ás 19.00 horas ,cunha mesa redonda co título "O Consello Municipal da Muller.25 anos traballando a prol da Igualdade" na Casa Galega da Cultura; e o venres 14 , ás 20.00 horas preséntase o vídeo "25 anos de historia do CMM" no auditorio municipal da praza do Rei.

Durante estes anos 25 anos de andaina o Consello Municipal da Muller constituíu un papel favorecedor do encontro das asociacións e entidades que traballan a prol das mulleres en Vigo, adquirindo un papel participativo e aglutinador das políticas a favor da igualdade de oportunidades e trato das mulleres nos distintos ámbitos de intervención municipal.
Mais noticias
O alcalde "orgulloso" da mención especial da UE á política de accesibilidade de Vigo


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003