Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 30 de novembro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Caballero anuncia que Air Nostrum ofertará no verán oito destinos desde o aeroporto de Vigo

O alcalde de Vigo celebrou este venres as novas rutas da compañía aérea Air Nostrum para o vindeiro verán. "Esta é a proba de que o aeroporto de Vigo funciona pese a algúns", sinalou Abel Caballero.

Air Nostrum voará este verán desde Vigo a Bilbao, Gran Canaria, Eivissa, Menorca, Palma, París, Sevilla e Valencia. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este venres que a compañía aérea deseñou un programa para a tempada de verán, que comezará o 31 de marzo, e en Peinador prevé duplicar a súa oferta de prazas e voos en relación co operado o ano anterior.

A compañía incorpora este ano para a tempada de verán a conexión Vigo-Sevilla, mantén as ligazóns con Bilbao, Gran Canaria, Eivissa, Menorca, Mallorca e Valencia, no que aumenta o número de frecuencias, e incrementa a operación con París. A nova ruta coa capital andaluza empezará a operar o día 1 de maio e prolongarase ata final de setembro.

"É o exemplo de que o aeroporto de Vigo funciona e ten futuro, pese aos intentos de algúns para que non avance", sinalou o alcalde durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.

Conexións
A nova conexión Sevilla-Vigo disporá de dúas frecuencias semanais: os mércores e domingos. A conexión Vigo-París amplía o número de frecuencias semanais. Desde finais de marzo e ata finais de outubro poderase viaxar a París desde Vigo os mércores, venres e domingos, o que facilita tanto escapadas de fin de semana como estancias máis prolongadas.

Os voos a Gran Canaria, Eivissa, Menorca e Mallorca polo seu carácter vacacional concentraranse nas semanas centrais do verán, do 19 de xullo ao 1 de setembro. A conexión con Mallorca e Eivissa terá operación os luns e xoves; e a ruta con Menorca operarase os martes. Gran Canaria disporá de voos desde Vigo durante o nadal e na ‘subtemporada’ de agosto.

A operación con Gran Canaria disporá entre o 22 de decembro deste ano e o 6 de xaneiro do ano próximo de voos os mércores e sábados. No verán, entre o 19 de xullo e o 1 de setembro, a conexión Vigo-Gran Canaria terá operación os venres. Pola súa banda, a ligazón Bilbao-Vigo continúa coa súa operación os luns, martes, mércores e xoves, ao longo de todo o ano, excepto en período vacacional.

A Valencia todo o ano
Por último, a aerolínea continúa coa conexión con Valencia. Esta ruta Valencia-Vigo, que se puxo en marcha o ano pasado, mantense todo o ano axudando á desestacionalización das viaxes entre ambas as cidades. A conexión continúa de xaneiro a marzo con dúas frecuencias (venres e domingos), como ata agora, para pasar a tres (mércores, venres e domingos) en abril. De maio a mediados de setembro a oferta de voos amplíase e a ruta disporá de cinco voos semanais en cada dirección (luns, mércores, xoves, venres e domingos); desde entón ata fin

En total serán 662 voos e 66.200 prazas postas á venda este verán no conxunto das súas rutas.
Mais noticias
O alcalde destaca o investimento de Nadal pola súa capacidade para xerar emprego e negocio
Máis de 400 escolares aprenden a amar e protexer as Cíes na Semana da Ciencia
O Concello inviste 9,2 millóns en humanizar Don Bosco, Camelias e a Gran Vía
O alcalde defende a calidade do comercio de Teis na presentación das actividades de Nadal
Caballero anima á cidadanía para que acuda ao Ifevi por mor da Festa do Judo Infantil


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003